Illa de Cerboli
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago Toscano | |||
Situado na entidade xeográfica | Mar Tirreno | |||
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Livorno, Italia | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Superficie | 0,04 km² | |||
A Isola di Cerboli, en latín Cerbania[1], é unha pequena illa do Arquipélago toscano situada na Canle Piombino, e pertencente ao municipio de Río. No século XIII é citada (Annali del Caffaro) como «...insulam qua Cervi dicitur...» e Cerbulo.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Está situada ao leste do extremo nor-oriental da Illa de Elba e ao sur de Piombino, case na entrada do Golfo de Follonica. En 1108 construíuse unha torre pola República de Pisa, reconstruída pola familia Appiano en 1567. O perfil do illote cambiou debido a unha canteira de calcaria aberta en 1927 para fornecer a planta de aceiro Ilva de Piombino. No lado suroeste existe unha cova chea de estalagmitas que se estende por preto de 25 metros. O illote de Cerboli é propiedade do escritor Carlo Cassola.
Forma parte do Parque Nacional Arquipélago Toscano.[3]
Endemismos
[editar | editar a fonte]- Podarcis siculus ssp. cerbolensis (Lagarto de Cerboli)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pomponio Mela, De Chorographia libri tres.
- ↑ Archivio Storico Diocesano di Pisa, Diplomatico arcivescovile, n. 980.
- ↑ Isola d'Elba, scheda redazionale del Parco nazionale dell'Arcipelago Toscano su www.islepark.it Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (consultado en setembro de 2015)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Cerboli |