Illa de Bau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bau
ÎleBau.jpg
Illa d Bau. Na parte superior central a casa do Consello de Xefes da confederación Kubuna
FijiOMCmap.png
Mapa de Fidxi
Situación
País Fidxi
Provincia Tailevu
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 17°58′19″S 178°36′56″L / -17.97194, -178.61556Coordenadas: 17°58′19″S 178°36′56″L / -17.97194, -178.61556
Xeografía
Superficie 0´8 km²
Demografía
Poboación 300
Lingua propia Lingua Bauan

Bau é unha pequena illa, de aproximadamente 8 hectáreas das Fidxi, a uns centos de metros da costa leste da illa principal de Viti Levu, na provincia de Tailevu. Bau saltou á fama a mediados do século XIX e converteuse na illa dominante das Fidxi ata a súa cesión ao Reino Unido. Aínda mantén a súa influencia na política e o liderado na Fidxi moderna.

Territorios e monumentos[editar | editar a fonte]

Bau é a capital da Confederación Kubuna (tribo Kubuna) e o centro principal na Provincia Tailevu. Divídese en tres aldeas Bau, Lasakau e Soso.

Entre os monumentos de Bau están a antiga Igrexa Cristiá e unha pedra na que se esmagaban os cranios das vítimas do canibalismo.

Idioma[editar | editar a fonte]

A lingua fidxiana ten moitos dialectos, pero a lingua oficial baséase na fala Bauan de Bau.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Foi en Kubuna onde o ancestral gran xefe, Ratu Vueti[2] Koroi-Ratu mai Bulu, Serui-Ratu mai Bulu, o primeiro Roko Tui Bau Vuani-ivi (segundo a lenda era a cuarta xeración de Ratu Lutunasobasoba) estableceu o Reino de Kubuna e formou un dos máis antigos asentamentos coñecidos nas Fidxi.

A illa ten un significado histórico e político único en Fidxi, xa que é a orixe da unificación de todo o arquipélago.

Bau está habitada por unhas 300 persoas, aínda que se estima que nun tempo foi habitada por preto de 3.000 persoas. É aínda sagrada aos ollos de moitos Fidxianos, a illa está prohibida aos estranxeiros, salvo autorización especial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lewis, M. Paul (ed.), 2009. Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International. Online version: http://www.ethnologue.com/.
  2. Tukutuku Raraba – History of Bau, page 1, chapter 1, National Archives Fiji

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gone Native na Polinesia: Captivity Narrativas e Experiencias do Pacífico Sur (Páxina 24, 64, 121) - por Ian Christopher Campbell - 1998 - 167 páxinas
  • James Calvert; Or, From Dark to Dawn in Fiji - Páxina 44, por R. Vernon - 1890-160 páxinas

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]