Illa Tiburón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Tiburón
Tahejöc
Localización da illa
Situación
País México
EstadoEstado de Sonora
MarGolfo de California
Coordenadas28°58′09″N 112°21′41″O / 28.96917, -112.36139Coordenadas: 28°58′09″N 112°21′41″O / 28.96917, -112.36139
Xeografía
Superficie1.200´93 km²
Longura máxima52´8 km
Largura máxima30´7 km
Punto máis alto1.450 m. Cerro San Miguel
Demografía
PoboaciónNon permanente

A Illa do Tiburón ou Illa Tiburón (en español Isla del Tiburón ou Isla Tiburón)[1] (Tahéjöc /taˡʔɛxʷk/ en lingua seri)[2] é unha illa que se localiza no alto do Golfo de California, en México, moi preto da costa leste do mesmo. Ten unha extensión de 1208 km², polo que representa a maior superficie insular do país. Pertence ao estado de Sonora, especificamente ao municipio de Hermosillo, e sitúase aproximadamente á mesma latitude que Hermosillo. Está separada do continente por unha estreita canle de só tres quilómetros de ancho chamada Estrecho del Infiernillo.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa está deshabitada, fóra dunha instalación militar situada na zona oriental da illa. Está administrada como unha reserva ecolóxica polo goberno dos seris, en conxunto co goberno Federal. En séculos anteriores, a illa foi habitada por tres grupos ("bandas") dos seris: os Tahejöc comcaac, os heeno comcaac e os xiica Hast ano coii (nunha parte).[3] A comunidade máis próxima é Punta Chueca (Socáaix na ingua seri), desde onde se pode chegar á illa. Esta comunidade está habitada principalmente por pescadores e xente de pobo seri.

Arriba á dereita, a Illa Tiburón.
Arriba á dereita, a Illa Tiburón.

A fauna local está constituída por venados bura, borregos cimarróns, raposos e coyotes. O punto máis alto da illa localízase no cerro San Miguel, a 1450 metros sobre o nivel do mar. A illa considérase propiedade dos seris, sendo a terra tradicional dalgúns clans ou grupos deste pobo probablemente desde hai varios séculos. En 1963 foi convertida en reserva natural e refuxio da fauna silvestre.

Tiburón foi a primeira illa do Golfo de California protexida por decreto presidencial, seguida moi de cerca por Rasa. O propósito xeral de protexer esta illa era crear un refuxio para os veados, resgardándoos da caza excesiva.

Vista cara á illa Tiburón e Punta Santa Rosa (It Iyat); o cerro grande Hast Cacöla vese no fondo.
Vista cara a parte sur da illa Tiburón
Vista cara a parte sur da illa Tiburón

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Según los mapas de la Comisión de Estudios del Territorio Nacional (CETENAL).
  2. Mary B. Moser y Stephen A. Marlett (2005) Comcáac quih yaza quih hant ihíip hac: Diccionario seri-español-inglés. (Hermosillo y México, D.F.: Universidad de Sonora and Plaza y Valdés Editores.) [1]
  3. Edward W. Moser (1963) Seri Bands. The Kiva 28.3:14–27. (En español:[2] Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. Se ha actualizado la transcripción de los nombres según el diccionario nuevo.)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]