Saltar ao contido

Illa Tanaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Tanaga
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Andreanof Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRegião Censitária de Aleutians West, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 51°47′34″N 177°55′43″O / 51.7927778, -177.9286111
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións32 (ancho) × 40 (lonxitude) km
Punto máis altoTanaga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.806 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie529 km² Editar o valor en Wikidata

A Illa Tanaga (en inglés: Tanaga Island; en aleutiano: Tanax̂ax[1]) é unha illa no oeste das Illas Andreanof, na parte suroeste das illas Aleutianas, Alasca. A illa ten unha extensión territorial de 530 km², o que a fai a trixésimo terceira (33) illa máis grande dos Estados Unidos. O seu punto máis alto é o volcán ou Monte Tanaga que está a 1.806 m., chamado Kusuuginax[2] en aleutiano.

Tanaga esta a uns 62 quilómetros ao oeste da Illa Adak, a illa máis próxima que está habitada. Hai variasfervenzas en gran parte da illa. Tanaga está deshabitada, pero varias cabanas se registran en Mapas náuticos, así como algúns pobos Aluet no lado leste da illa.[3]

Non hai mamíferos terrestres nativos en Tanaga.

En Tanaga construíuse un campo de aterraxe de urxencia da mariña de guerra estadounidense en xullo de 1943 como un complemento á Base Naval de Operacións de Adak. O sitio abandonouse en 1945. A torre de control aínda aparece nas cartas náuticas.

O cume de Takawangha ten 1.806 m., está cuberto principalmente de xeo. A última erupción coñecida do volcán Tanaga ocorreu en 1914. Informáronse erupcións anteriores en 1763-1770, 1791 e 1829. Os informes destas erupcións son vagos, pero os depósitos nas abas do volcán mostran que as erupcións típicas producen fluxos de lava en bloques e nubes de cinzas ocasionais.[4]

  1. Bergsland, K. (1994). Aleut Dictionary. Fairbanks: Alaska Native Language Center.
  2. Bergsland, K. (1994). Aleut Dictionary. Fairbanks: Alaska Native Language Center.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  4. "Alaska Volcano Observatory - Tanaga". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]