Illa Mornington, Chile
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Altitude | 53 m | |||
Superficie | 529 km² | |||
A illa Mornington está situada no océano Pacífico na rexión austral de Chile, ao sur do golfo de Penas. Forma parte do arquipélago Mornington. Ten unha superficie de 528´8 km², que a converten na 26ª illa maior de Chile.
Administrativamente pertence á provincia de Última Esperanza da XII Rexión de Magallanes e a Antártica Chilena.
Desde hai aproximadamente 6.000 anos as súas costas foron habitadas polo pobo kawésqar. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente extinguido pola acción do home branco.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde 1520, co descubrimento do estreito de Magallanes, poucas rexións foron tan exploradas como a das canles patagónicas. Nas cartas antigas a rexión da Patagonia, entre os paralelos 48° e 50° Sur, aparecía ocupada case exclusivamente por unha grande illa denominada "Campana" separada do continente pola "canle da nación Calén", nación que se supuxo existiu ata o século XVIII entre os paralelos 48° e 49° de latitude sur.
Desde mediados do século XX esas canles son percorridas con seguridade por grandes naves de todas as nacións, grazas aos numerosos recoñecementos e traballos hidrográficos efectuados nesas perigosas costas.
Por máis de 6.000 anos estas canles e as súas costas foron percorridas polos kawésqar, indíxenas, nómades canoeiros. Hai dúas hipótese sobre a súa chegada aos lugares de poboamento. Unha, que procedían do norte seguindo a ruta das canles chilotes e que atravesaron cara ao sur cruzando o istmo de Ofqui. A outra é que procedían desde o sur e que a través dun proceso de colonización e transformación de poboacións cazadoras terrestres, procedentes da Patagonia Oriental, poboaron as illas do estreito de Magallanes e subiron polas canles patagónicas ata o golfo de Penas. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente aniquilado pola acción do home branco.
Aspecto das costas
[editar | editar a fonte]Son unha sucesión de terras altas e barrancosas con numerosos cumes e promontorios moi parecidos entre eles. No centro da illa o seu relevo é baixo pero aumenta progresivamente de altura cara ao norte e sur. Os seus cabos e puntas terminan en forma abrupta. O anterior, unido ao silencio e soidade da contorna fan destas illas e canles unha das rexións máis belas do planeta.
As costas son cantíls e as súas canles, en xeral son limpas e abertas, onde hai escollos estes están invariablemente marcados por sargazos. Os seus lados sur e occidental son sucios, nalgunhas partes ata dez quilómetros da terra.
Existen alturas bastante notables que serven para recoñecer a entrada aos diferentes seos, canles ou baías. Estas están claramente indicadas nas respectivas cartas e derroteiros da rexión. Na parte norte está o cerro Taro de 300 metros de altura, no lado occidental o pico Spartan de 518 metros, na parte SE os montes Nares e Maclear de 722 e 492 metros respectivamente, o pico Picton de 630 metros e o monte Gamboa de 488 metros no lado SW o monte Corso de 554 metros.
Clima
[editar | editar a fonte]A rexión esta afectada continuamente por ventos do oeste e polo paso frecuente de sistemas frontais. Estes sistemas frontais xéranse na latitude 60° S, zona na que conflúen masas de aire subtropical e masas de aire polar creando un cinto de baixas presións que forma os sistemas frontais.
Esta área ten un clima que se coñece como "tépedo frío chuvioso" que se estende desde a parte sur da Rexión de Los Lagos ata o estreito de Magallanes. Aquí rexístranse as máximas cantidades de precipitacións, en illa Guarello alcanzáronse ata 9.000 mm anuais.
A nubosidade atmosférica é alta, os días despexados son escasos. A amplitude térmica é reducida, a oscilación anual é de aproximadamente 4 °C cunha temperatura media de 9 °C. Precipita durante todo o ano sendo máis chuvioso cara ao outono.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]Todo o arquipélago patagónico data da época terciaria; é produto da mesma causa xeolóxica que fixo aparecer primeiro a cordilleira da Costa e logo a dos Ándes. Na idade glacial, tomou o seu aspecto actual sendo a continuación cara ao sur da cordilleira da Costa.
É de orixe ígneo pola clase de rocha que o constitúe e polo seu relevo áspero e irregular, característico das cadeas de erupción.
Localización
[editar | editar a fonte]Está situada en 49°38′00″S 75°25′00″O / -49.63333, -75.41667 e 49°53′00″S 75°11′00″O / -49.88333, -75.18333
Xeografía
[editar | editar a fonte]É unha illa de forma irregular, de 35´4 km. no seu eixe máis longo e 22´5 km no seu maior largo. Aberta ao océano Pacífico e localizada ao SW do extremo sur da grande illa Wellington. Ten os seguintes límites:
- ao norte, o canle Miramar.
- ao leste, o canle Picton cuxas augas sepárana da illa Wellington;
- ao sur, o canle Trinidad, que a separa da illa Madre de Dius.
- ao oeste co océano Pacífico.
Fondeadoiros e surxideiros
[editar | editar a fonte]No lado norte está porto Nuevo. No lado oriental, atópanse porto Payne e caleta Febrero. Sobre a costa sur atópase o amplo puerto Alert
Faros e balizas
[editar | editar a fonte]No extremo SW do cabo Primero, punta SW da illa Mornington, existe unha baliza reflectora de radar. En porto Alert existen balizas de enfilación para tomar o fondeadoiro e unha baliza cega en rocha Fairway.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Mornington, Chile |