Illa Wellington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Wellington
Vista da capital da illa
Localización da illa Wellington
Situación
País Chile
RexiónRexión de Magallanes e da Antártica Chilena
ProvinciaProvincia de Última Esperanza
ArquipélagoArquipélago Campana
MarOcéano Pacífico
Coordenadas49°22′15″S 74°55′35″O / -49.37083, -74.92639
Xeografía
Superficie5.555´7 km²
Longura máxima157 km.
Largura máxima78 km.
Perímetro1.596´8
Punto máis alto1.463 m.
Demografía
CapitalPuerto Edén
Poboación340 (2017)

A illa Wellington (coordenadas: 49°22′15″S 74°55′35″O / -49.37083, -74.92639) é unha das illas máis grandes do sur de Chile, situada fronte aos Campos de Xeo Sur, na provincia de Última Esperanza, XII Rexión de Magalláns e da Antártica Chilena. Ten unha superficie de 5.566 km², e a maior parte pertence ao Parque Nacional Bernardo O'Higgins. Está separada do continente polo canle Messier e da illa Nai de Deus pola canle Trindade.

Na illa Wellington habitan os últimos vestixios do pobo kawésqar (ou alacalufe), sobre todo na localidade de Porto Edén, o único poboado da illa.

A illa, do mesmo xeito que a capital de Nova Zelandia, recibiu o seu nome en honra de Arthur Wellesley, primeiro duque de Wellington, vencedor da Batalla de Waterloo. O nome orixinal de Wellington vén da poboación inglesa de Wellington, no condado de Somerset

Historia[editar | editar a fonte]

A partir de 1520, co descubrimento do Estreito de Magalláns, poucas rexións foron tan exploradas como a dos canles da Patagonia. Nas cartas antigas a rexión da Patagonia, entre os paralelos 48° e 50° Sur, aparecía ocupada case exclusivamente por unha grande illa denominada "Campana" separada do continente pola "canle da nación Calén", nación que se supuxo existiu ata o século XVIII entre os paralelos 48° e 49° de latitude sur.

Desde mediados do século XX esas canles son percorridas con seguridade por grandes naves de todas as nacións, grazas aos numerosos recoñecementos e traballos hidrográficos efectuados nesas perigosas costas.

Por máis de 6.000 anos estas canles e as súas costas foron percorridas polos kawésqar, indíxenas, nómades canoeiros. Hai dúas hipóteses sobre a súa chegada aos lugares de poboamento. Unha, que procedían do norte seguindo a ruta dos canles chilotes e que atravesaron cara ao sur cruzando o istmo de Ofqui. A outra é que procedían desde o sur e que a través dun proceso de colonización e transformación de poboacións cazadoras terrestres, procedentes da Patagonia Oriental, poboaron as illas do estreito de Magalláns e subiron polas canles patagónicas ata o golfo de Penas. A comezos do século XXI este pobo estaba practicamente aniquilado pola acción do home branco.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Esta grande illa cunhas dimensións aproximadas de 157 km en dirección N-S e de 78 km. na súa parte máis ancha de E-W. As costas son unha sucesión de terras altas e barrancosas con numerosos cumes e promontorios moi parecidos entre eles. Os seus cabos e puntas terminan en forma abrupta. O anterior, unido ao silencio e soidade da contorna fan destas illas e canles unha das rexións máis belas do planeta.

As costas son cantíls e as súas canles, en xeral son limpos e abertos, onde hai escollos estes están invariablemente marcados por sargazos.

Existen alturas bastante notables que serven para recoñecer a entrada aos diferentes seos, canles ou baías. Estas están claramente indicadas nas respectivas cartas e derroteiros da rexión. Sobresaen na parte sur o monte Middleton de 1.128 metros, o monte Catedral de 1.169 metros e os montes Orellas de Burro de 911 metros e Doble Pico de 1.100 metros entre outros varios.

No seu lado leste, no lugar que enfronta ao paso do Abismo hai cerros sobre os 1.400 metros de altura. Na súa costa oriental hai unha serie de fondeadeiros entre os que destacan "Puerto Simpson", Puerto Edén, "Puerto Riofrío", "Puerto Horacio". No seu lado sur está o fiorde Nuestra Señora e polo costado occidental tense o seo Artillería e o profundo "Brazo del Norte" cos seos Stange, Marsh e Yorsin.

Na localidade de Puerto Edén, o único poboado da illa, habitan os últimos representantes do pobo kawésqar. A maior parte da illa pertence ao Parque Nacional Bernardo O'Higgins.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]