Saltar ao contido

Pobo kawésqar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo kawésqar
Kawésqar en 1882.
 Relacionados
Rexións principais
ChilePuerto Edén
Identificadores
Freebase/m/07kn2d e HOLA Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Mapa que amosa a localización dos kawésqar na Patagonia austral.

Os kawésqar, tamén coñecidos como alacaluf, alacalufe ou halakwulup, son un pobo indíxena da Patagonia chilena, que viven na península de Brunswick e nas illas de Wellington, Santa Inés e Desolación do estreito de Magalláns e do sur do golfo de Penas. A súa lingua tradicional é a lingua kawésqar, a cal está en perigo de desaparición xa que conta con moi poucos falantes.

Até mediados do século XX eran nómades que recorrían en canoas as canles austrais da Patagonia occidental. No último século a súa poboación reduciuse por mor de masacres e morte por enfermidades, así como abandono do grupo. Por outra parte, o seu modo de vida tradicional sufriu unha forte transformación tralo contacto con chilenos e navegantes estranxeiros. No século XXI, a maior parte dos kawésqar vive na vila de Puerto Edén e nas cidades de Puerto Natales e Punta Arenas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Patricia Messier Loncuante (2005). "Kawésqar Community". Indigenous Geography Project. National Museum of the American Indian. Arquivado dende o orixinal o 2012-08-07. Consultado o 2009-09-14.