Illa Dragonera
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Tipo | Illote | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Gimnesias | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Andratx, España | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Características | |||||
Tamaño | 0,9 () × 4,2 () km | ||||
Punto máis alto | Q124767462 (352 m ) | ||||
Superficie | 2,88 km² | ||||
A illa Dragonera (Sa Dragonera en catalán) é unha illa pertencente ao arquipélago das Illas Baleares, situada ao oeste de Mallorca.
Permanece virxa, malia que a principios da década de 1970, estivo a piques de ser urbanizada. A planificación estaba terminada: mansións de luxo, un hotel, un porto e un casino. As protestas dos ecoloxistas, que paralizaron do comezo da construción varias veces nun proceso xudicial longo, acabaron parando definitivamente o proxecto. En 1987 o Consell Insular de Mallorca comprou a illa. O 26 de xaneiro de 1995, e polo decreto 7/1995, o Goberno Balear protexeu a illa Dragonera si como as illas de Pantaleu e Illa Mediana.
Só se pode acceder a Sa Dragonera vía barco desde Sant Telm ou Paguera, sempre que se teña permiso. A illa ten un pequeno porto natural cun embarcadoiro en Cala Lladó. Desde o embarcadoiro pódense realizar varias rutas a pé para explorar a illa.
Posto que non hai restaurantes, bares ou negocios na illa, os visitantes deben aprovisionarse de comida e bebida antes de viaxar á illa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten unha lonxitude de 3.200 metros e unha anchura que chega ata os 500 metros cun relevo moi escarpado e irregular que provoca a aparición dalgunhas protuberancias chegando a alcanzar o pico máis alto da illa, chamado Na Popia, uns 360 metros de altura. Nesta cima atopábase un faro, na actualidade en ruínas. As localidades máis próximas a esta illa son as de Sant Telm e Port d'Andratx, onde se estableceron centros de submarinismo e mergullo que atrae a moitos turistas nas tempadas estivais.
Historia
[editar | editar a fonte]En Sa Dragonera atopouse unha necrópole prehistórica en Es Lladó o que fai pensar que a illa se utilizou para enterramentos. En 1229 Xaime I de Aragón utiliza Sa Dragonera para preparar o ataque e posterior conquista de Mallorca. O Libre do Repartiment de Mallorca outorga a propiedade da illa de Dragonera ao bispado de Barcelona. En 1581 constrúese a torre de na Pòpia. A torre de Llebeig constrúese en 1585.
En 1811 a familia Villalonga obtén a propiedade da illa, que conservaría ata 1934, volvéndoa a recuperar en 1939. En 1880 o Arquiduque Lluís Salvador realiza unha descrición da illa no seu libro Die Tirotearen. En 1910 entran en funcionamento os faros de Tramuntana e Llebeig. En 1941 Joan Flexas compra a illa e converte a zona des Lladó en terras de cultivo. Durante anos a illa utilízase como agocho de contrabando.
En 1974 a empresa PAMESA compra a illa con intención de urbanizala. A planificación estaba terminada: mansións de luxo, un hotel, un porto e un casino. As protestas dos ecoloxistas, que paralizaron do comezo da construción varias veces nun proceso xudicial longo, acabaron parando definitivamente o proxecto. En 1984 a Audiencia Nacional de España decreta a imposibilidade de urbanizar. En 1987 o Consell Insular de Mallorca comprou a illa. O 26 de xaneiro de 1995, e polo decreto 7/1995, o Goberno Balear protexeu a illa Dragonera así como as illas de Pantaleu e Illa Mediana.
Na actualidade só se pode acceder a Sa Dragonera vía barco desde Sant Telm ou Paguera, sempre que se teña permiso. A illa ten un pequeno porto natural cun embarcadoiro en Cala Lladó. Desde o embarcadoiro pódense realizar varias rutas a pé para explorar a illa.
Posto que non hai restaurantes, bares ou negocios na illa, os visitantes deben aprovisionarse de comida e bebida antes de viaxar á illa. En pleno verán o sol é moi potente, polo que as bebidas son unha necesidade. Obviamente os restos de envases e outros lixos deben devolverse a Mallorca, xa que non se poden deixar na illa.
Clima
[editar | editar a fonte]A cantidade de precipitación media é de 350 mm. Nos meses de setembro e decembro rexístranse as precipitacións máis fortes.
Edificacións
[editar | editar a fonte]Torres de defensa
[editar | editar a fonte]Durante o século XVIII na illa de Mallorca construíronse unha gran cantidade de torres de defensa para a vixilancia da costa debido ás incursións piratas. Dentro deste proxecto construír unha torre de vixía no punto máis alto da illa Dragonera. Anos máis tarde construíuse a torre de cala Llebeig para protexer á primeira. A torre situada sobre o pico Popi derrubouse para construír un faro xusto no mesmo sitio.
Faros
[editar | editar a fonte]O faro vello foi construído en 1850 sobre a antiga torre de vixilancia. Por mor das nubes e néboa que ocultaban moitas veces a luz do faro, este foi desmantelado en 1910.
O faro de Llebeig empeza a construírse en 1905, entrando en servizo en novembro de 1910.
O faro de Tramuntana empezou a construírse en 1907. Está a unha altura de 54 metros e consta dunha torre de 11 metros, o que fai que a súa luz alcance a distancia de 20 millas. Actualmente é un museo sobre os faros da illa e a vida dos fareiros.
Entre 1960 e 1975 se automatizan os faros da illa, o que significa que 1975 os fareiros deixaron de vivir na illa. En 1995 instaláronse placas solares na illa permitindo o uso de enerxía eléctrica.
Amarradoiro e casa gardabosques
[editar | editar a fonte]Outras pequenas construcións (almacén, galiñeiro, casa...) da illa son utilizadas actualmente para o mantemento do Parque Natural.
Excursións
[editar | editar a fonte]Aínda que se pode explorar a illa libremente, hai catro grandes rutas marcadas. Todas estas rutas parten do embarcadoiro de Cala Lladó.
- A excursión que saen do embarcadoiro e chega ata o faro de Tramontana ten unha lonxitude de 1,7 quilómetros, as pendentes son suaves e a altitude máxima é de 65 metros. Esta excursión é de fácil percorrido durando uns 60 minutos (ida e volta). Caben destacar as vistas á costa mallorquina e a visita ao centro de interpretación do faro.
- Unha segunda excursión conecta o embarcadoiro e o faro vello (na Pòpia). Este traxecto, duns 3,8 quilómetros e cunha altura máxima de 352 metros, pode percorrerse nunhas 3 horas (ida e volta). O camiño é moi suave, xa que se construíu para transportar materiais ao antigo faro. Na cima de na Pòpia pódese visitar os restos do antigo faro.
- Outra excursión conecta o embarcadoiro co faro de Llebeig. Esta excursión, de dificultade media, ten un traxecto de 4,5 quilómetros podéndose realizar en menos de tres horas (ida e volta). Pódese visitar a torre de Llebeig, restaurada en 2004, e no outono pódense observar as áreas de voo do falcón mariño.
- A última excursión conecta o embarcadoiro coa punta de na Miranda. Esta excursión de 1,2 quilómetros, de dificultade baixa, realízase nuns 30 minutos. Caben destacar as súas boas vistas sobre Cala Lladó. Ademais poderanse observar as antigas áreas de cultivo (oliveiral e cereal), actualmente rehabilitadas e en produción.