Illa Devon
| Tipo | illa Illa deserta | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Illas Árticas do Canadá | ||||
| Situado na entidade xeográfica | rexión de Qikiqtaaluk | ||||
| Localización | |||||
| Continente | América do Norte | ||||
| División administrativa | Nunavut, Canadá | ||||
| |||||
| Bañado por | Baía de Baffin | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 1.920 m | ||||
| Dimensións | 524 ( | ||||
| Punto máis alto | Devon Ice Cap (en) | ||||
| Superficie | 55.247 km² | ||||
| Historia | |||||
| Data de descuberta ou invención | 1616 | ||||
A Illa Devon é a segunda maior illa do arquipélago das Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. É a 27 maior illa do mundo e a 6 do Canadá. É a maior illa deshabitada da terra. A Illa Devon abarca unha área de 55.247 km². Debido a súa relativamente alta elevación e a súa extrema latitude ao norte, na illa só habitan uns poucos bois almiscreiros. A vida animal concéntrase nas planicies de Truelove, que ten un microclima favorable que permite o crecemento dalgunhas especies vexetais árticas. As temperaturas durante a breve tempada de crecemento non exceden dos 10 °C, e no inverno poden caer ata os -50 °C. Cunha ecoloxía de deserto polar, a Illa Devon recibe moi poucas precipitacións.
A Illa Devon tamén é coñecida pola presenza do Cráter Haughton, creado hai uns 39 millóns de anos cando un meteorito duns 2 km de diámetro chocou contra o que na época era un bosque. O impacto deixou un cráter de aproximadamente 23 km de diámetro, que se converteu nun lago durante varios millóns de anos. O cráter é hoxe en día un dos lugares máis parecidos á xeografía de Marte que hai sobre a terra.
