Illa Bear, Antártida
Illa Bear | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Antártida |
Mar | Océano Glacial Antártico |
Coordenadas | 68°18′S 67°06′O / -68.300, -67.100Coordenadas: 68°18′S 67°06′O / -68.300, -67.100 |
Xeografía | |
Superficie | 25 km² |
Longura máxima | 5 km. |
Largura máxima | 5 km. |
Punto máis alto | 385 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A illa ou illote Bear ou illa do Tenente González é unha illa rochosa a menos de 1 milla ao oeste da illa Stonington na baía Margarida, da costa da Terra de Graham na Antártida.
Crese que a illa Bear foi descuberta pola Expedición Británica á Terra de Graham (BGLE) (1934 - 1937) comandada por Rymill e pola expedición do Servizo Antártico dos Estados Unidos (USAS) (1939 - 1941) ao mando de Byrd, ambas operaron na área da illa Stonington. A illa Bear foi explorada en 1947 polo British Antarctic Survey (FIDS), quen a chamou así en honra ao USS Bear, o buque insignia do Servizo Antártico dos Estados Unidos (USAS), a expedición que visitou a área en 1940. Unha expedición chilena en 1947 sinalou un illote que coincide aproximadamente coas coordenadas de Bear, dándolle o nome de illa Tenente González, en honra do tenente Jorge González Baeza, quen integraba a expedición.
Reclamacións territoriais
[editar | editar a fonte]Arxentina inclúe á illa no Departamento Antártida Arxentina dentro da Provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur; para Chile forma parte da Comuna Antártica da Provincia da Antártica Chilena dentro da Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena; e para o Reino Unido integra o Territorio Antártico Británico. As tres reclamacións están suxeitas ás disposicións do Tratado Antártico.
Nomenclatura dos países reclamantes:
- Arxentina: islote Bear
- Chile: islote Bear
- Reino Unido: Bear Island