Saltar ao contido

Igrexa de Santo Estevo de Sandiás

Igrexa de Santo Estevo de Sandiás
Fachada da igrexa
PaísEspaña
LocalizaciónSandiás
Coordenadas42°06′48″N 7°45′17″O / 42.113333333333, -7.7546666666667
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santo Estevo é o templo da parroquia de Santo Estevo de Sandiás (Ourense). É de estilo gótico tardío ou como afirman algúns autores "Unha das máis fermosas do renacemento galego", estilos pouco frecuentes en Galicia. Foi construída antes de 1520 polo mestre de cantería de orixe portuguesa Bartolomé de Nosendo. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarem, ou a parroquial de Batalha. No interior, os arcos descansan sobre columnas acaroadas ós muros, con capiteis que presentan motivos renacentistas. O retablo maior de Santo Estevo de Sandiás, obra de Francisco de Moure, é dunha grande importancia polo seu significado na arte ourensá do século XVII.

Retablo maior

[editar | editar a fonte]

O retablo maior realizouse entre os anos 1603 e 1607, datas visibles no alto do retablo logo das obras de restauración a que foi sometido hai uns anos, e na que o recuperou as antigas cores e as pinturas orixinais.

É uns dos poucos retablos tardo-manieristas que chegou ata nós completo, seguindo un modelo de moda naquel momento imposto polo do Mosteiro do Escorial. Nel traballou Francisco de Moure, un dos mellores artistas galegos do primeiro terzo do século XVII, sendo unha das obras máis importantes da primeira etapa deste escultor.

Consta dunhas imaxes dotadas dunha grande forza expresiva na que xa se adiviñan os novos aires do novo estilo que chegaría anos máis tarde a Galicia e que tería unha grande importancia na nosa arte: o barroco.

Consta de dous corpos, tres rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son o conxunto de pinturas manieristas (A Anunciación, A Visitación, Os catro doutores da Igrexa, e varias santas) realizadas por un pintor descoñecido, ademais de varias pinturas que saíron a luz despois de restaura-lo retablo.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]