Igrexa de San Xoán de Barcala
Igrexa de San Xoán de Barcala | |
---|---|
País | España |
Localización | Seoane |
Coordenadas | 42°55′55″N 8°46′01″O / 42.931903257, -8.76681089401 |
Estilo | arquitectura barroca |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Xoán da Barcala é un templo católico de estilo barroco do século XVIII situado no lugar de Seoane (Barcala, A Baña).[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten nave rectangular; o presbiterio destácase da planta e a sancristía acaroada á cara norte. Os muros son de boa fábrica de perpiaño de granito e o tellado é a dúas augas agás na cabeceira. A fachada carece de adornos, a excepción dunha pequena aresta que a enmarca e onde se abre unha porta alintelada, e unha xanela rectangular de bordos en chafrán para aumentar a entrada de luz ao interior. No medio hai unha fornela coa imaxe do san Xoán.
O campanario sitúase nunha torre de tres corpos: o primeiro ten base cadrada e remata nunha cornixa saínte. O segundo leva catro columnas que compoñen catro ocos de arco de medio punto para poñer as campás e pináculos de bóla nas esquinas. O terceiro é octogonal con catro ocos e remata nunha pequena cúpula en pináculo.
A igrexa rehabilitouse en 2002 após que un lóstrego caese sobre ela. Durante os traballos atopáronse restos óseos humanos baixo as lousas de pedra do templo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Igrexa de San Xoán de Barcala na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "Reanudada la rehabilitación de la iglesia de San Xoán de Barcala". La Voz de Galicia. 11 de febreiro de 2002.