Igrexa de San Sadurniño de Pamplona
| Igrexa de San Sadurniño de Pamplona | |
|---|---|
| Pamplona | |
|
Instancia de
| |
|
Epónimo
| |
|
Parte de
| |
|
Estilo
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Diocese
| |
|
Dedicado a
| |
| Localización | |
|
Situado en
| |
|
Código postal
| |
|
Enderezo
| |
| Patrimonio cultural | |
| Ben de Interese Cultural | |
| Data | 11 de setembro de 1995 |
| Identificador | RI-51-0008989 |
|
| |
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |
| Data | ? |
| Identificador | 199 |
|
| |
| Asset of Cultural Interest (Navarre) (en) | |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons | |
A igrexa de San Saturnino, máis comunmente chamada de San Cernin (en francés), é un edificio relixioso católico na Zona Vella da cidade de Pamplona, en Navarra. Está declarada Ben de Interese Cultural.
A actual igrexa é gótica do século XIII. Non obstante, existiron na mesma localización unha igrexa primitiva e outra románica (século XII). Na Idade Media, cumpriu unha dobre función: relixiosa e defensiva. Pamplona, naquela época estaba dividida en tres burgos independentes, e esta igrexa era a parroquia do burgo de San Cernin, habitado principalmente por franceses. Estes burgos achábanse continuamente en loita, polo que as torres da igrexa estaban coroadas con ameas defensivas que perduraron ata o século XVIII.
Ademais das súas torres, destaca o pórtico, decorado con belos talles góticos como as de Santiago peregrino ou San Sadurniño, e o interior, gótico de nave única moi ampla con bóveda sexpartita, cabeceira poligonal, capelas entre contrafortes e un coro elevado, e unha gran capela barroca pegada, onde ata o século XVII estivo o claustro. Esta capela está dedicada á Virxe do Camiño, señora da cidade, e é de estilo barroco.
As badaladas da súa torre marcan o inicio dos Sanfermines.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de San Sadurniño de Pamplona |
