Igrexa de San Andrés de Aguilar de Campos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de San Andrés
Aguilar de Campos Iglesia de San Andres ni.jpg
Igrexa de San Andrés
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónCastela e León
TipoParroquia
AdvocaciónSanto André
LocalizaciónAguilar de Campos
Coordenadas41°59′06″N 5°10′46″O / 41.985, -5.1794444444444Coordenadas: 41°59′06″N 5°10′46″O / 41.985, -5.1794444444444
CatalogaciónBen de Interese Cultural dende o 5/10/1979
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseValladolid
Arquitectura
ConstruciónSéculo XIV
ArquitectosFadrique Enríquez
EstiloMudéxar
IdentificadorRI-51-0004380
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de San Andrés é un templo católico que se atopa na localidade de Aguilar de Campos (provincia de Valladolid).

Descrición[editar | editar a fonte]

De estilo gótico mudéxar, foi construído en pedra de cachotaría e ladrillo a mediados do século XIV por Fadrique Enríquez, almirante de Castela e conde de Benavente,[1] cuxo escudo adorna o capitel dos piares dun antigo pórtico que enmarcan a porta do templo.[2]

A planta consta de tres naves separadas por piares cruciformes que soportan arcos apuntados.[2]

Unha bóveda de cruceiro cobre a cabeceira poligonal, outra de canón con lunetos a nave central mentres que bóvedas de aresta fan o propio con as naves laterais, cuxos albeiros descansan sobre modillóns decorados de estilo románico.[1]

O presbiterio conta con un retablo maior de estilo neoclásico. O altar data de 1820 e foi costeado po-lo arcebispo de Burgos Manuel Cid Monroy.[2]

Características[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de S. Andrés é un edificio gótico mudéxar de mediados do século XIV. Está realizada con pedra de cachotaría e ladrillo sobre unha planta de tres naves separadas por piares cruciformes que soportan arcos apuntados. A porta principal está escoltada por dous piares dun antigo pórtico. Seus capiteis mostran escudos dos Enríquez, fundadores do templo. Comezando po-lo presbiterio, o retablo maior en unha obra neoclásica, ó igual que dúas esculturas que mostran e que representan ó Padre Eterno e a S. Andrés, a quen está consagrado o templo. A decoración do altar se complementa con dous escudos e dúas pinturas. Foi costeado en 1820 por Manuel Cid Monroy, arcebispo de Burgos. O chan do presbiterio acolle varias lápidas sepulcrais. A pila bautismal, po-la súa parte, está decorada a base de flores de lis en relevo. O rolo é dos mais interesantes da provincia. Tratase dunha obra gótica, de finais do século XV e ornamentado, con varias bolas de pedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Aguilar de Campos". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 03 de outubro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Igrexa de San Andrés e rollo gótico-mudéxar de Aguilar de Campos (Valladolid)". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 03 de outubro de 2014.