Ignicoccus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ignicoccus
Ignicoccus hospitalis (e o sue simbionte máis pequeno Nanoarchaeum equitans)
Ignicoccus hospitalis (e o sue simbionte máis pequeno Nanoarchaeum equitans)
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Reino: Crenarchaeota
Filo: Crenarchaeota
Clase: Thermoprotei
Orde: Desulfurococcales
Familia: Desulfurococcaceae
Xénero: Ignicoccus
Huber, Burggraf, Mayer, Wyschkony, Rachel & Stetter, 2000
Especies

Ignicoccus é un xénero de arqueas que viven en chemineas hidrotermais mariñas a altas temperaturas. Descubríronse na dorsal de Kolbeinsey ao norte de Islandia e no océano Pacífico (a 9º norte, 104º oeste) en 2000 [1].

Sistemática[editar | editar a fonte]

A comparación dos xenes de ARNr 16S de Ignicoccus cos doutras especies indica que representa unha liñaxe nova que se ramificou moi cedo dentro da familia das Desulfurococcaceae [1]. Coñécense neste xénero tres especies, I. islandicus, I. pacificus e I. hospitalis cepa KIN4I.

Estrutura celular[editar | editar a fonte]

As arqueas do xénero Ignicoccus son diminutas células de tipo coco cun diámetro de aproximadamente 2 µm, que presentan unha superficie lisa, unha membrana externa e non teñen capa S.

Teñen unha estrutura que serve de envoltura celular dun tipo con detalles nunca antes atopados, formada por unha membrana plasmática, un espazo periplásmico (cun largo variable de 20 a 400 nm, que contén vesículas unidas á membrana), e unha membrana externa (aproximadamente de 10 nm de grosor, que lembra a membrana externa das bacterias gramnegativas). Esta última contén partículas simples duns 8 nm de diámetro empaquetadas de modo irregular e moi apertadamente, e poros cun diámetro de 24 nm, rodeados de pequenas partículas, dispostas en círculo (cun diámetro de 130 nm) e agrupacións de ata oito partículas (cada partícula de 12 nm de diámetro).[2]

Fisioloxía[editar | editar a fonte]

Ignicocci vive a temperaturas entre os 70 e 98 °C (o seu óptimo está arredor de 90 °C). Obtén enerxía pola redución de xofre elemental a sulfuro de hidróxeno utilizando hidróxeno molecular como doante de electróns[3]. A arquea Nanoarchaeum equitans establece unha singular simbiose (ou parasitismo) con Ignicoccus.[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Huber H, Burggraf S, Mayer T, Wyschkony I, Rachel R, Stetter KO Ignicoccus gen. nov., a novel genus of hyperthermophilic, chemolithoautotrophic Archaea, represented by two new species, Ignicoccus islandicus sp nov and Ignicoccus pacificus sp nov. and Ignicoccus pacificus sp. nov, Int J Syst Evol Microbiol. 2000 Nov;50 Pt 6:2093-100
  2. Rachel R, Wyschkony I, Riehl S, Huber H (March 2002). "The ultrastructure of Ignicoccus: evidence for a novel outer membrane and for intracellular vesicle budding in an archaeon" (PDF). Archaea 1 (1): 9–18. PMC 2685547. PMID 15803654. doi:10.1155/2002/307480. 
  3. 3,0 3,1 Huber H, Hohn MJ, Rachel R, Fuchs T, Wimmer VC, Stetter KO. A new phylum of Archaea represented by a nanosized hyperthermophilic symbiont, Nature, 417(6884):27-8, 2002