Ignacio Herrero Fuentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ignacio Herrero Fuentes
Nacemento 1909
  Pedrafita do Cebreiro
Falecemento 2005
  Venezuela
Nacionalidade España
Ocupación mestre e político
editar datos en Wikidata ]

Ignacio Herrero Fuentes, nado en Pedrafita do Cebreiro en 1909 e finado en Venezuela en 2005, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Publicou baixo o pseudónimo de Dr. Iñigo sobre a erudición dos debates intelectuais entre Risco e Couceiro Freijomil. Foi mestre en Pedrafita (A Teixeira) en 1930 e na escola de Tamallancos. Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido, pero logrou fuxir da cadea. Exiliouse en Cuba e despois pasou a Panamá onde foi profesor na Universidade de Panamá. Publicou artigos filolóxicos na revista Universidad e dirixiu un boletín político. Trasladouse despois a Venezuela onde foi director do Colexio estatal Cojedes. Foi autor do estudo preliminar de La versificación hispanoamericana pre-modernista. Héctor Pedreáñez Trejo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Cojedes y San Carlos en su tricentenario. Estudio original e inédito, 1978.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]