Ignacio Cosidó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ignacio Cosidó
(Ignacio Cosidó) Homenaje a Miguel Ángel Blanco en el vigésimo primer aniversario de su asesinato 01 (cropped).jpg
Nacemento31 de xullo de 1965
Lugar de nacementoSalamanca
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
Na rede
Twitter: Ignacos Dialnet: 273136 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ignacio Cosidó Gutiérrez, nado en Salamanca o 31 de xullo de 1965, é un político español do Partido Popular, que foi senador, deputado, director xeral da Policía Nacional (de 2012 a 2016) e de novo senador.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Doutorouse en Historia Contemporánea pola UNED e licenciouse en Defensa Nacional polo Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional. Foi profesor asociado universitario na Universidade Carlos III de Madrid, na Universidade Pontificia Comillas e no Instituto Universitario Gutiérrez Mellado.

Foi secretario xeral das Juventudes Liberales e xefe do Gabinete Técnico da Dirección Xeral da Garda Civil.

Foi senador na VIII Lexislatura e deputado pola Provincia de Palencia no Congreso dos Deputados nas IX e X Lexislaturas, así como voceiro de Interior do Grupo Parlamentario Popular. Así mesmo, foi membro do Comité Executivo do Partido Popular de Castela e León.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]