Ignacio Cabezón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ignacio Cabezón
I. Cabezón.JPG
Datos persoais
Nacemento1954
 Ferrol
Falecemento8 de decembro de 2021
OrganizaciónTerra Galega
ProfesiónMédico de familia
editar datos en Wikidata ]

José Ignacio Cabezón Lorenzo, nado en Ferrol en 1954 e finado o 8 de decembro de 2021,[1] foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o candidato á alcaldía de Neda por Terra Galega nas eleccións municipais de 2007 nas que a súa formación obtivo seis concelleiros e foi a máis votada. Logo dun pacto co Partido Popular accedeu ao goberno do concello. En agosto de 2010 volveu presentar a súa candidatura ás municipais de 2011, esta vez nas filas do PPdeG[2], coas que acadou a maioría absoluta. Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía en favor do PSdeG-PSOE, o cal gañou con 5 concelleiros fronte ós 4 seus. Volveu a ser candidato do PPdeG nas municipais de 2019 pero non conseguiu recuperala alcaldía, xa que os socialistas revalidaron o goberno cunha ampla maioría absoluta.


Predecesor:
José Carlos Pita López
 Neda.svg
Alcalde de Neda
 
2007 - 2015
Sucesor:
Ángel Alvariño Saavedra


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]