José Carlos Pita López
José Carlos Pita López | |
---|---|
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Carlos Pita López foi o primeiro alcalde que tivo o concello coruñés de Neda trala aprobación da Constitución de 1978.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Elixido nas eleccións municipais de 1979 por Agrupación Democrática de Neda Independiente coa que consegue a maioría absoluta, repetindo novas maiorías na eleccións de 1983 e 1987. En 1991, el e o equipo de goberno, foron fichados polo PSdeG-PSOE, acadando dúas maiorías absolutas en 1991 e 1995. En 1999, Pita e o seu partido, perden a maioría absoluta e botan man do edil de Esquerda Unida para conservar a alcaldía. Nas eleccións de 2003 perde dous concelleiros máis, pero logra a alcaldía ó ser o máis votado. Finalmente nas municipais de 2007 cos resultados máis pobres da súa historia deixa de ser o alcalde máis antigo, xunto ó seu homologo de Fene (Xosé María Rivera Arnoso), dos concellos da ría de Ferrol.
Predecesor: - |
![]() Alcalde de Neda 1979 - 2007 |
Sucesor: Ignacio Cabezón |