Iepen Fryske Kampioenskippen Skûtsjesilen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Iepen Fryske Kampioenskippen Skûtsjesilen (IFKS) é unha asociación frisoa formada o 19 de decembro de 1981 en Hindeloopen, o seu principal labor é organizar unha competición de skûtsje, unha variedade frisoa do tsjalk. A IFKS xurdiu como consecuencia e en protesta da decisión que tomou en 1979 a Sintrale Kommisje Skûtsjesilen (SKS) de limitar a súa competición a 14 navíos [1].

Historia[editar | editar a fonte]

A IFKS organizou de 1982 a 1984 a súa competición nunha soa clase na que loitaban todos os skûtsje participantes. En 1985 introduciuse unha clase B e implantouse un sistema de descenso e promoción que levaba a que os tres últimos participantes na clase A baixasen á clase B e os tres primeiros desta ascenderan á A. En 1993, debido ao aumento dos candidatos a participar, estableceuse unha clase C e en 1995 unha clase especial para os navíos máis pequenos, os dunha lonxitude máxima de 17.1 metros. O gañador da clase B pequena pode pasar á clase A, así o fixo o gañador de 1997, Peter de Koe. En 1999 a clase B dividiuse en clase B1 e B2, o que permitiu aumentar o número de participantes. En 2002 volveuse ao sistema de catro clases (A, B, C e A pequena)

Competición[editar | editar a fonte]

A asociación organiza sete regatas organizados por seis comités locais na terceira e última semana da Bouwvakvakantie, período de vacacións nos Países Baixos nos que pechan as industrias da construción, e despois da competición da SKS.

lugar día
Hindeloopen sábado
Starum luns
Heech martes
Sleat mércores
Ychtenbrêge xoves
De Lemmer venres
De Lemmer (final) sábado

Gañadores da clase A[editar | editar a fonte]

Capitán Número Nome do skûtsje Campión en
Nico Hoek
2
Lutgerdina Smeltekop 1982 - 1983
Age Bandstra
4
Hoop op Welvaart 1984 - 1986 - 1991 - 1992
Jan Bakker
1
Hollandse Nieuwe 1985
André Hoek
1
Oeral Thús 1987
Jan de Boer
1
Twee Gebroeders 1988
Eldert Sietesz Meeter
2
Vriendschap 1989 - 1990
Sieb Meijer
4
Jonge Jasper 1993 - 1996 - 1998 - 1999
Jitse Grondsma
2
Woeste Oane 1994 - 1995
Tony Brundel
4
Lytse Lies 1997 - 2005 - 2006 - 2008
Jacob Huisman
2
Ut 'e striid 2000 - 2001
Eelke Dijkstra
2
Oude Zeug 2002 - 2003
Jeroen de Vos
1
Eelkje II 2004
Walter de Vries
1
Goede Verwachting 2007
Jelle Talsma
1
De Jonge Jan 2009
Delmer Los
1
Grutte Pier 2010

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Histoire van de IFKS". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2010. Consultado o 05 de decembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]