Hindeloopen (Hylpen en frisón, procedente do antigo Hynljippen) é unha vila neerlandesa do concello de Nijefurd en Frisia.
Até 1984 foi concello de seu. En 2008 tiña 874 habitantes. A localidade mantén un dialecto propio do frisón, o Hylpersk, caracterizado por conservar algúns trazos medievais. Hindeloopen é unha das 11 cidades tradicionais de Frisia; este recoñecemento acadouno en 1372.