Sintrale Kommisje Skûtsjesilen
| Tipo | organización |
|---|---|
| Localización e Datas | |
| País | Países Baixos |
| Vixencia | 1945 – |

A Sintrale Kommisje Skûtsjesilen (SKS) é unha organización frisoa creada en 1945 que ten como principal labor a organización dun campionato anual do mesmo nome no que compiten skûtsje, veleiros tradicionais de Frisia.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]As competicións de skûtsje desenvolvéronse ao longo do século XIX, xeralmente en épocas nas que os mariñeiros tiñan pouco traballo, pero a partir de 1850 os skûtsje entran en decadencia e máis aínda coa chegada dos barcos de petróleo, con todo subsistían competicións de skûtsje organizadas localmente, a partir da creación da SKS vai regular o desenvolvemento dunha competición central aínda que a organización de cada unha das regatas corre a cargo de comités locais. O campionato da SKS ten lugar nas dúas primeiras semanas da Bouwvakvakantie, período de vacacións nos Países Baixos no que pechan as industrias da construción.
| Día | Saída na 1ª semana | Saída na 2ª semana |
|---|---|---|
| sábado | Grou | Starum |
| luns | De Feanhoop | Wâldsein |
| martes | Earnewâld | Ealahuzen |
| mércores | Terherne | De Lemmer |
| xoves | Langwar | De Lemmer |
| venres | descanso | Snitser Mar |
Participantes na SKS
[editar | editar a fonte]Desde 1979 participa un grupo fixo de 14 skûtsje no campionato, trece pertencentes a comités locais e un que en orixe era privado e despois pasou a depender dunha fundación, o d'Halve Maen. Esta decisión de establecer un número fixo creou malestar en certos sectores e en protesta creouse outra organización, a Iepen Fryske Kampioenskippen Skûtsjesilen.
| Lugar | Nome | Ano de construción | Sinal na vela |
|---|---|---|---|
| Boalsert | Bolsward | 1910 | B (que contén un P e un M) |
| Drachten | Twee Gebroeders | 1913 | D |
| Drachten | d'Halve Maen | 1912 | Lúa crecente |
| Earnewâld | Twee Gebroeders | 1930 | E |
| Grou | Doarp Grou | 1909 | G |
| It Hearrenfean | Gerben van Manen | 1915 | H |
| Huizum | It Doarp Huzum | 1916 | M sobre un L |
| De Jouwer | Oeral Thús | 1923 | J |
| Langwer | Ut 'e Striid | 1915 | cisne |
| Ljouwert | Rienk Ulbesz | 1915 | león |
| De Lemmer | Lemster Skûtsje | 1930 | L |
| Snits | Sneker Pan | 1913 | Waterpoort |
| Starum | Súdwesthoek | 1923 | SWH |
| Wâldsein | Klaas van der Meulen | 1911 | W |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en neerlandés)