Saltar ao contido

Idade do bronce atlántico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Idade do bronce atlántico

Prehistoria
Prehistoria de Galicia
Megalitismo en Galicia
Idade de Bronce en Galicia
Idade do bronce atlántico
Cultura castrexa
Relacionados
Historia Prehistoria da Península Ibérica
Prehistoria de Portugal
Prehistoria de Francia
Prehistoria do Reino Unido
Artigos Idade de Bronce

A Idade do bronce atlántico, designa unha idade arqueolóxica propia do complexo cultural do bronce atlántico, comprendido entre aproximadamente o 1300 a. C. e 700 a. C. que inclúe diferentes culturas da Península Ibérica, das Illas Británicas e da costa atlántica de Francia. Caracterízase polos intercambios culturais e económicos dalgunhas culturas indíxenas superviventes que acabarían dando paso aos pobos indoeuropeos da Idade de Ferro (principalmente celtas) a finais do período. Séguelle a Idade de Ferro.

Os seus principais centros parecen estar en Portugal e Galicia (previa á cultura castrexa), Andalucía ( Tartessos ?) e Gran Bretaña. Os seus contactos comerciais esténdense ata Dinamarca e tamén ao Mediterráneo.

A Idade do bronce atlántico está marcada polo intercambio económico e cultural, que levou a un alto grao de semellanza entre culturas como se pode comprobar nas comunidades costeiras dende Galicia ata Escocia, incluíndo o uso frecuente de pedras como cabalos de Frisia, a construcións de castelos en cantís, ou a arquitectura doméstica caracterizada pola casas redondas.[1] Os contactos comerciais abranguían dende Suecia[2] e Dinamarca ata o mar Mediterráneo.[1] Este período estivo definido polos centros rexionais de produción de metais, unidos por un comercio marítimo regular dalgúns dos produtos. Os maiores centros estaban no sur de Inglaterra e Irlanda, noroeste de Francia, e o oeste de Iberia.[3]

Os obxectos relacionados con esta cultura foron atopados frecuentemente formando cúmulos, ou depositados en áreas rituais,[4][5] usualmente preto da auga, como en ríos, lagoas e pantanos. Entre os elementos máis destacables pertencentes a este complexo cultural, están as machadas de bronce, ás veces enterradas formando grandes cúmulos na Bretaña e Galicia, puntas de lanzas, escudos e espadas.[6] Ademais, tamén son comúns os obxectos de festexo das elites: asadores articulados, caldeiros e ganchos para a carne,[5][7] atopados entre Portugal e Escocia.[1]

A orixe da cultura celta foi atribuída a este período no ano 2008 por John T. Koch[8] e apoiada por Barry Cunliffe,[9] os cales argumentaron que o desenvolvemento do celta debíase a que era unha lingua franca atlántica, que máis tarde se espallaría polo resto de Europa,[5] pero esta teoría contradí a máis aceptada orixe dos celtas na cultura de Hallstatt.

  1. 1,0 1,1 1,2 Cunliffe, Barry (1999). "Atlantic Sea-ways" (PDF). Revista de Guimarães. Especial (I): 93–105. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2014. 
  2. Johan Ling, Zofia Stos-Gale, Lena Grandin, Kjell Billström, Eva Hjärthner-Holdar, Per-Olof Persson, Moving metals II: provenancing Scandinavian Bronze Age artefacts by lead isotope and elemental analyses, Journal of Archaeological Science, Available online 2 August 2013, ISSN 0305-4403, http://dx.doi.org/10.1016/j.jas.2013.07.018. (http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0305440313002689)
  3. Europe Before History by Kristian Kristiansen
  4. Comendador Rey, Beatriz. Archaeopress, ed. "SPACE AND MEMORY AT THE MOUTH OF THE RIVER ULLA (GALICIA, SPAIN)" (PDF). Conceptualising Space and Place: On the role of agency, memory and identity in the construction of space from the Upper Palaeolithic to the Iron Age in Europe. Consultado o 26 de abril de 2011. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Cunliffe, Barry (2008). Yale University Press, ed. Europe between the oceans : themes and variations, 9000 BC-AD 1000 (2011 ed.). New Haven. pp. 254–258. ISBN 978-0-300-17086-3. 
  6. Quilliec, Bénédicte T. (2007). "Life and death of an Atlantic sword: Reconstruction of the processes of fabrication, use wear and destruction" (PDF). Complutum 18: 93–107. Consultado o 22 de setembro de 2011. 
  7. Bowman, Sheridan; Stuart Needham (2007). "THE DUNAVERNEY AND LITTLE THETFORD FLESH-HOOKS: HISTORY, TECHNOLOGY AND THEIR POSITION WITHIN THE LATER BRONZE AGE ATLANTIC ZONE FEASTING COMPLEX" (PDF). The Antiquaries Journal 87: 53–108. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2011. 
  8. Koch, John (2009). Palaeohispanica, ed. Tartessian: Celtic from the Southwest at the Dawn of History in Acta Palaeohispanica X Palaeohispanica 9 (2009) (PDF). pp. 339–351. ISSN 1578-5386. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xuño de 2010. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  9. Cunliffe, Barry (2008). The Prehistoric Society, ed. A Race Apart: Insularity and Connectivity in Proceedings of the Prehistoric Society 75, 2009, pp. 55–64. p. 61. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]