Iberdrola
Iberdrola S.A. | |
---|---|
Sede de Iberdrola, Bilbao | |
Tipo | Sociedade anónima |
Fundación | 1992 |
Localización | Bilbao País Vasco |
Persoas clave | Ignacio Sánchez Galán (Presidente) |
Industria | Eléctrica |
Produtos | Electricidade Gas natural |
Beneficio | 31 418,7 millóns € (en 2015) |
Número de empregados | 33.000 (2011) |
Na rede | |
https://www.iberdrola.com e https://www.iberdrola.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Iberdrola é unha multinacional eléctrica española con base en Bilbao, cuns 31 330 empregados en países de catro continentes que dan servizo a uns 31,67 millóns de clientes. Entre as súas filiais están Scottish Power (Escocia), Avangrid (Estados Unidos) e Elektro Holding (Brasil). No 2013 o principal accionista da empresa era Qatar Investment Holding, seguido doutros como ACS, Kutxabank e Bankia.[1]
Dende que adoptou un plan de crecemento e expansión internacional en 2001, Iberdrola pasou a ser o grupo enerxético máis grande de España por capitalización de mercado,[2] o líder global no sector da enerxía eólica[3] e unha das principais empresas de electricidade do mundo por capitalización de mercado. A empresa é parte do índice bolsista Euro Stoxx 50.[4]
Presenza en Galiza
[editar | editar a fonte]Froito das diversas fusións e adquisicións que deron pé a Iberdrola, a compañía posúe varias empresas hidroeléctricas que operan en diversos ríos galegos, como Saltos del Sil.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2013 Sustainability Report". Iberdrola. 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 2015-04-18.
- ↑ "IBEX35 Stock". Invertia.com (Telefónica de España, S.A.U.). Consultado o 2015-04-18.
- ↑ "World leader achieves record output in first quarter of 2011". Energías-Renovables.com (Haya Comunicación, S.L.). 2011-05-06. Consultado o 2011-05-06.
- ↑ "Frankfurt Stock Exchange". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2019. Consultado o 05 de febreiro de 2018.
- ↑ "El origen de Iberdrola en Galicia: el Sil" Arquivado 06 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., artigo na web de Iberdrola, 24 de novembro de 2009 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iberdrola |
Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |