I Will Be é o álbum de estrea da banda estadounidense de indie popDum Dum Girls, publicado o 30 de marzo de 2010. A primeira impresión de HoZac Records editouse como vinilo de 12" cunha versión en branco e negro da portada actual. Despois de que o grupo asinase con Sub Pop, o álbum foi lanzado posteriormente no mesmo ano tanto en CD como en vinilo de 12" coa portada en cor.
De I Will Be lanzáronse tres sinxelos: "Jail La La", editado por Sub Pop en 7" o 16 de febreiro de 2010;[1] "Bhang Bhang, I'm a Burnout", ramén como sinxelo en 7" o 23 de novembro a través de Slumberland Records;[2] e "It Only Takes One Night", publicado por Sub Pop como CD-R promocional.[3]