Dum Dum Girls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dum Dum Girls
Dum Dum Girls Linz 2011.jpg
Orixe Los Angeles, California, Flag of the United States.svg
Período 2008 - presente
Xénero(s) indie pop, noise pop, lo-fi, punk rock
Selo(s) discográfico(s) HoZac, Sub Pop
Membros Dee Dee
Jules
Sandy
Malia
Antigos membros Bambi
Frankie Rose
Brandon Welchez
Mike Sniper
Charles Rowell
Na rede
wearedumdumgirls.com

Dum Dum Girls é unha banda estadounidense de noise pop/dream pop procedente de Los Angeles e formada no ano 2008. O seu nome procede do álbum de The Vaselines Dum Dum e da canción de Iggy Pop "Dum Dum Boys". É o proxecto da cantante e compositora Dee Dee, residente en Nova York, mentres que o resto das compoñentes residen en Los Angeles.

Despois de editar varios sinxelos e EPs, Dum Dum Girls publicaron o seu primeiro álbum, I Will Be, no ano 2010 con boas críticas. O seu segundo traballo, Only in Dreams, foi lanzado en setembro do 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A primeira edición de Dee Dee co nome de Dum Dum Girls foi un CDr de cinco temas a través do seu propio selo, Zoo Music, a finais de 2008. Foi seguido por un EP a través de Captured Tracks e un 7" por HoZac. Dee Dee conseguíu rapidamente chamar a atención con esas tres edicións e asinou con Sub Pop en xullo de 2009.

O seu álbum de estrea, I Will Be, foi publicado en marzo de 2010 sendo ben recibido pola crítica. Penny produciu o disco con Richard Gottehrer, que anteriormente traballara con Richard Hell, Blondie, The Go-Gos e The Raveonettes. Gottehrer tamén co-compuxera os éxitos de principios dos 60 "My Boyfriend’s Back" e "I Want Candy". No álbum incluíase como guitarrista convidado a Nick Zinner de Yeah Yeah Yeahs en "Yours Alone", ao marido de Dee Dee Brandon Welchez, da banda Crocodiles en "Blank Girl", e a Andrew Miller en varios temas. A portada do disco é unha foto da nai de Penny nos seus tempos de universitaria, a cal morreu de cancro en 2010. Tras o seu lanzamento montou unha banda de xira e os seus primeiros concertos foron como abreconcertos de Girls.

En 2011 a banda publicou o EP He Gets Me High, que incluía unha versión do tema "There Is a Light That Never Goes Out" de The Smiths. Esta gravación marcou a inclusión de Sune Rose Wagner de The Raveonettes ao equipo de produción, que Dee Dee mantivera intacto.

O segundo álbum, Only in Dreams, foi editado en setembro de 2011, contando cos sinxelos "Coming Down" e "Bedroom Eyes", este último interpretado pola banda no programa Late Night with Jimmy Fallon.[1] Este traballo foi a única gravación de Dum Dum Girls en contar cunha banda completa.

No mes de setembro de 2012 publicouse o EP End of Daze, precedido polo sinxelo "Lord Knows" aparecido a finais de xullo e elixido por Pitchfork como "Mellor canción nova". O EP tamén recibiría o premio á "Mellor música nova" da mesma publicación.[2]

O 31 de outubro de 2013 Dum Dum Girls anunciou o seu terceiro álbum, Too True, que sería publicado a finais de xaneiro de 2014, e contaba co sinxelo "Lost Boys & Girls Club", cuxo video estreou H&M o 31 de outubro de 2013. Para este álbum, Dee Dee citou a Suede, Siouxsie and the Banshees, Madonna e The Stone Roses como as súas influencias.[3]

O sinxelo da banda "Coming Down" usouse para un trailer promocional[4] e aparece nos créditos finais da película de 2013 The Canyons, escrita por Bret Easton Ellis e dirixida por Paul Schrader (Ellis posteriormente faría un guión dunha curtamentraxe, Are You Okay, para o sinxelo "Are You Okay?" de Too True).[5] "Coming Down" tamén foi usada no sexto episodio da tempada 5 de The Vampire Diaries, ademais de no terceiro capítulo da 3ª tempada de Orange Is the New Black, "Empathy Is a Boner Killer" (2015).

O 5 de decembro de 2014, Converse editou un sinxelo compartido de Dum Dum Girls, "On Christmas", como a terceira parte de tres entregas dixitais do EP recompiltorio da compañía Noise to the World 2.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
I Will Be 2010 HoZac
Only in Dreams 2011 Sub Pop
Too True 2014 Sub Pop

EPs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pitchfork (ed.). "Watch Dum Dum Girls on "Fallon"". Consultado o 2 de abril de 2016. 
  2. Pitchfork Media (ed.). "End of Daze EP en Pitchfork". Consultado o 2 de abril de 2016. 
  3. Consequence of Sound (ed.). "Dum Dum Girls announce new album, Too True, stream “Lost Boys and Girls Club”". Consultado o 5 de abril de 2016. 
  4. YouTube (ed.). "Trailer : The Canyons Teaser". Consultado o 5 de abril de 2016. 
  5. YouTube (ed.). "Dum Dum Girls - "Are You Okay"". Consultado o 5 de abril de 2016. 
  6. Converse (ed.). "Converse rings in the holiday with ‘Noise to the World’". Consultado o 5 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]