Saltar ao contido

ISO 216

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medidas da serie A.

A norma ISO 216 da Organización Internacional para a Estandarización (International Organization for Standardization, ISO) especifica os formatos de papel e é usada actualmente en moitos países do mundo. É o estándar que define o popular A4. A norma ISO 216 equivale á DIN 476, da cal deriva, e á UNE 1011.

As vantaxes de basear o tamaño do papel nunha relación matemática baseada na raíz cadrada de dous (√ 2) observouna xa en 1786 o científico alemán Georg Christoph Lichtenberg, nunha carta a John Beckmann. Os formatos A2, A3, B3, B4 e B5 desenvolvéronse en Francia, e foron publicados en 1798 durante a Revolución Francesa, pero posteriormente quedaron no esquecemento.

A principios do século XX, Walter Porstmann converteu a idea de Lichtenberg nun sistema adecuado de diferentes tamaños de papel. O sistema Porstmann introducíuse como norma DIN (DIN 476) en Alemaña no ano 1922, en substitución dunha gran variedade de formatos de papel. Hoxe en día os tamaños de papel chámanse Ax DIN no uso diario.

Formatos (ISO/DIN)

[editar | editar a fonte]

(Medidas en mm x mm)

Series A Series B Series C
A0841 × 1189 B01000 × 1414 C0917 × 1297
A1594 × 841 B1707 × 1000 C1648 × 917
A2420 × 594 B2500 × 707 C2458 × 648
A3297 × 420 B3353 × 500 C3324 × 458
A4210 × 297 B4250 × 353 C4229 × 324
A5148 × 210 B5176 × 250 C5162 × 229
A6105 × 148 B6125 × 176 C6114 × 162
A774 × 105 B788 × 125 C781 × 114
A852 × 74 B862 × 88 C857 × 81
A937 × 52 B944 × 62 C940 × 57
A1026 × 37 B1031 × 44 C1028 × 40

A ISO 216 e os estándares relacionados foron publicados por primeira vez entre 1975 e 1995:

  • ISO 216:1975, define as series A e B para tamaños de papel
  • ISO 269:1985, define as series C para sobres
  • ISO 217:1995, define as series RA e SRA en bruto ("sen recortar"), os tamaños de papel

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]