IES Leliadoura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°33′13″N 9°00′19″O / 42.553530515668, -9.0053978153816

IES Leliadoura
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

O Instituto de Ensinanza Secundaria Leliadoura é un centro de ensinanza secundaria, bacharelato e ciclos formativos pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Ribeira. Está situado no lugar de Frións, na parroquia de Carreira, a 2 km do núcleo urbano.

Historia[editar | editar a fonte]

O instituto comezou a súa andaina en 1995 e nel escolarízase alumnado procedente dos colexios adscritos: CEIP Olveira, CEIP Aguiño, CEIP Frións, CEIP Carreira, CEIP O Grupo. Desde o curso 2010-11 cunha Sección Bilingüe de inglés pola que determinadas materias se imparten en inglés. En decembro de 2011 a Axencia Executiva para a Educación da Unión Europea concedeulle a Carta Universitaria Erasmus.

Oferta educativa[editar | editar a fonte]

Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, PCPI, modalidade mixta (C) dos programas de cualificación profesional inicial, Ciclos Formativos: Ciclo Medio de Xestión Administrativa, Ciclos Superiores de Administración e Finanzas, de Administración de Sistemas Informáticos en Rede e de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]