IES Félix Muriel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°39′11″N 8°48′28″O / 42.65306, -8.80778----

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

IES Félix Muriel
Enderezo
Rúa María Ana Mogas, 1, Rianxiño, Rianxo
Datas
Creación1987
Inauguración15 de outubro de 1990
Educación
Xestión
TipoPúblico
DirectorRamón Manuel Veiga Fernández
VicedirectorLuis M. Ramil Millarengo
Xefe de estudosAmparo Cereixo Silva
SecretarioManuel Freire Hernando
Outros nomes
IES de Rianxo
Na rede
http://www.edu.xunta.es/centros/iesfelixmuriel/

O IES Félix Muriel é un instituto público de educación secundaria de Rianxo. O seu nome vén dado por un pseudónimo que utilizaba ocasionalmente o escritor Rafael Dieste, orixinario de Rianxo.

Historia[editar | editar a fonte]

Os inicio da existencia do IES comeza no 1987 onde este comezou como Colexio Homologado dependendo administrativamente do IES Praia Xardín de Boiro.

Daquela o primeiro director foi Rafael A. Rodríguez Gil. O vicesecretario, Francisco Pena, era o encargado de levar a Boiro a documentación. Non existía edificio propio, polo que os cursos repartíanse entre o Cuartel Vello e a Biblioteca Municipal.

O 15 de outubro de 1990 inaugurouse o actual edificio en Rianxiño. Impartíase BUP, COU e Estudos de Formación Profesional da rama administrativa. Nestes tempos o centro levaba o nome de IES de Rianxo. No Consello Escolar do 29 de abril de 1997 abórdase a elección dunha denominación específica para o Instituto. Algunhas das propostas son Manoel Antonio, Virxe da Guadalupe ou Arcos Moldes.

Foi o 26 de xuño de 1997 cando se elixe Félix Muriel como nome do centro nunha votación na que se presentaron outras denominacións como Manoel Antonio (xa existe un IES con este nome en Vigo) ou Sempre en Galiza, proposto polos representantes dos alumnos.

Vexase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]