IATE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

IATE — sigla de «Inter-Active Terminology for Europe» — é a base de datos terminolóxicos, interinstitucional, interactiva e multilingüe da Unión Europea en proxecto desde 1999 e utilizada desde o verán de 2004 para a recollida, xestión e divulgación conxunta da terminoloxía utilizada nos textos das institucións europeas. O 28 de xuño de 2007 inaugurouse oficialmente o acceso libre do público á base de datos.

A base está dirixida á redacción, tradución e interpretación nos campos de actividade das institucións da Unión Europea, procurando promover o rigor terminolóxico e mellorar a coherencia e a calidade das traducións.

IATE inclúe as fichas de anteriores bases terminolóxicas:

A base inclúe do mesmo xeito novas fichas que se foron engadindo nas institucións europeas. Os usuarios da base de datos pública poden interactuar enviando suxestións e comentarios sobre o contido das fichas terminolóxicas.

Algúns números[editar | editar a fonte]

A base incluía a comezos do ano 2007 preto de 1,5 millóns de fichas terminolóxicas multilingües relativas a outros tantos conceptos, que se corresponden con preto de sete millóns de entradas por lingua. O número de termos elévase a preto de 8,7 millóns, nas 23 linguas oficiais.

Institucións participantes no proxecto IATE[editar | editar a fonte]

O sitio web da base IATE é administrado polo Centro de Tradución de Luxemburgo en nome dos socios do proxecto.