Eurodicautom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Eurodicautom foi a primeira base de datos terminolóxica da Comisión Europea. Foi creada en 1975 para o uso do servizo de tradución e outros traballadores e traballadoras da Comisión Europea. No ano 1980 fíxose consultable en liña para os membros da Comisión. Dado que a Comunidade medrou, tamén se ampliou sucesivamente a aplicación de seis a sete, nove e finalmente once linguas (ademais do latín para os nomes científicos). O uso do público en xeral engadiuse con posterioridade. A partir de 2005 deixou de actualizarse pero seguiu en liña para consulta pública ata 2007, cando foi substituído definitivamente pola Inter-Active Terminology for Europe (IATE).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]