Hédilo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 300 a. C. Atenas, Grecia |
Morte | século III a. C. |
Residencia | Samos Alexandría |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, epigramatista |
Familia | |
Nai | Hédile |
Descrito pola fonte | 1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) Supplementum Hellenisticum. Ed. H. Lloyd-Jones and P. Parsons. (Texte und Kommentare, II.) Berlin and New York: de Gruyter. 1983. Pp. xxxii + 863. DM 525 (en) , (p.235) |
Hédilo (grego antigo: Ἥδυλος , Hēdylos) foi un poeta escritor de epigramas grego do século -III, nativo de Samos ou Atenas e fillo da poetisa Hédile e de Melicerto.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus poemas incluíronse na Grilanda de Meleagro de Gadara (Proemio 45). Once deles forman parte da Antoloxía grega, pero é moi dubidoso que sexa o autor de dous deles, o IX e o X. A maioría dos seus epigramas eloxian o viño e todos eles son humorísticos. Nalgúns describe as ofrendas dedicadas ao templo de Arsínoe II, entre as que menciona o órgano hidráulico de Ctesibio. Sabemos que era contemporáneo e rival de Calímaco e amigo de Posidipo. Por tanto viviu durante o reinado de Ptolomeo II Filadelfo, e debe catalogarse na escola alexandrina de poetas. Segundo Ateneo, suicidouse por desamor dun tal Glauco.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Poesía helenística menor (Poesía fragmentaria). Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-3225-1.
- Jacobs. Anthologia Graeca I.