Saltar ao contido

Hyvinkään Ahmat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hyvinkään Ahmat
Fundación1973[1]-2004 (seguiu a súa actividade en júniors)
Cidade Hyvinkää,
Uusimaa
Finlandia Finlandia
CoresVermello, negro e branco
                 

O Hyvinkään Ahmat é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Hyvinkää (Finlandia),[1] fundado en 1973 e que en 2004 quebrou, suprimindo o seu equipo sénior e pasando a adicarse ao deporte de base, tendo na actualidade diversos equipos en categoría júnior. O equipo xogou na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés durante oito tempadas consecutivas entre 1996 e 2004

O club foi fundado en 1973 e en 1987 participou na terceira categoría do hóckey sobre xeo finés. Na tempada 1996-97 o equipo participou na segunda cateoría do hóckey sobre xeo finés (daquela denominada I-divisioona e dende o ano 2000, Mestis), finalizando os dous primeiros anos nas últimas prazas e tendo que xogar as eliminatorias pola permanencia e gañándoas. Ao ano seguinte a historia mudou, xa que o quipo descendeu, mais conseguiu manterse na segunda categoría. Conseguiron meterse nos play-offs da categoría en dúas ocasións, mais sen conseguir pasar de cuartos. Na tempada 2003-04, o equipo finalizou na última praza da liga e descendeu, aínda pasou un ano na terceira categoría, a Suomi-sarja, antes de poñer fin á actividade do equipo sénior[1], porén, o club continúa a súa actividade en categoría júnior[2].

Estatísticas por tempada

[editar | editar a fonte]
Tempada[1]LigaPXVEDDPPos.GFGC
1987–88II-divisioona (actual Suomi-sarja)2814212-5173168
1996–97I-divisioona (actual Mestis)4420717-7153137
1997–98I-divisioona (actual Mestis)4410826-11106153
1998–99I-divisioona (actual Mestis)4811829-12112172
1999-00I-divisioona (actual Mestis)4817229-11154185
2000–01Mestis4416424-8134170
2001–02Mestis4417423-10138166
2002–03Mestis44-7153152
2003–04Mestis45-12103157
2004–05Suomi-sarja

PX = Partidos xogados
V = Vitorias
E = Empates
D = Derrotas

 

DP = Derrota na prolongación
Pos. = Posicicón na clasificación
GF = Goles a favor
GC = Goles en contra

 

Xogadores destacados

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]