Hugo Catrileo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHugo Catrileo
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1997 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Saavedra, Chile Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Católica de Temuco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
Participou en
2023Jogos Pan-Americanos de 2023 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Hugo Catrileo Tapia, nado en Saavedra o 23 de xaneiro de 1997,[1] é un atleta mapuche[2] chileno que compite na disciplina do maratón. Foi gañador do Maratón de Santiago e obtivo medalla de prata nos Xogos Panamericanos de 2023.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catrileo é oriúndo de Saavedra, na Rexión de Araucanía. Fillo de pai agricultor e nai dona de casa, comezou a practicar atletismo dende o catorce anos, mentres estudaba no Liceo Luis González Vásquez de Nueva Imperial.[3][4] Ao rematar os seus estudos secundarios, entrou a estudar na Universidade Católica de Temuco, onde se titulou como Técnico Universitario en Preparación Física.[5]

Carreira deportiva[editar | editar a fonte]

Como atleta xuvenil, Catrileo comezou a salientar en probas de fondo. Logrou a medalla de bronce dos 3 mil metros no Suramericano de Menores de Cali de 2014, e representou a Chile nas principais competencias de xuvenís na categoría de 10 mil metros, incluíndo os Panamericanos de Toronto de 2015, e o Mundial Sub-20 de Bydgoszcz de 2016.[6]

Xa a nivel adulto, Catrileo finalizou en cuarto lugar no Maratón de Buenos Aires de 2022,[4] e ao ano seguinte obtivo a medalla de ouro nos 21K do Maratón de Santiago, marcando a marca do circuíto cun tempo de 1:04:10.[4] Conseguiu a medalla de prata no maratón nos Xogos Panamericanos de 2023 en Santiago, cun tempo (e mellor marca persoal) de 2:12:07, onde só foi superado polo peruano Cristhian Pacheco.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hugo Catrileo (Atletismo) : Palmarés y resultados". www.los-deportes.info. Consultado o 2023-10-23. 
  2. "Hugo Catrileo tras ganar plata: "Es un triunfo para el pueblo mapuche y el pueblo de Chile en general"". 24horas.cl. 22 de outubro de 2023. Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  3. Santibáñez, Felipe (2023-10-22). "La humilde vida de Hugo Catrileo, el maratonista que hizo historia con plata en Santiago 2023". Emol. Consultado o 2023-10-23. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Hugo Catrileo: "Superarme a mí mismo es lo que me más motiva"". Runchile.cl (en castelán). 2023-05-25. Consultado o 2023-10-23. 
  5. "Titulado UCT consiguió plata para Chile en los Juegos Panamericanos". UCT (en castelán). 2023-10-22. Consultado o 2023-10-23. 
  6. "Hugo Catrileo, el flamante proyecto de Chile en maratón". atletismosudamericano.org (en castelán). 2022-09-20. Consultado o 2023-10-23. 
  7. "¿Quién es Hugo Catrileo? El maratonista que le dio la tercera medalla al Team Chile en Santiago 2023". Deportes13 (en castelán). 2023-10-22. Consultado o 2023-10-23.