Universidade Católica de Temuco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 38°44′14″S 72°36′02″O / -38.73722, -72.60056

O logo da universidade.

A Universidade Católica de Temuco (UCT) é unha institución de ensino superior tradicional privada que foi fundada no 8 de setembro de 1959 polo Bispo da Diocese o Monseñor Alejandro Menchaca Lira, baixo a denominación de Escolas Universitarias da Fronteira. As súas actividades académicas comezaron cos chamados Cursos Universitarios no primeiro semestre do ano 1960, coa orientación e apoio da Pontificia Universidade Católica de Chile[1].

Entre os finais dos anos sesenta e principios dos anos setenta, no contexto da discusión sobre a reforma universitaria a nivel nacional, o concepto da Sede Rexional é xerado, formalizado en 1972 polo H. Consello Superior da Universidade Católica[1]

Logo, 15 anos máis tarde transformouse na sede de Temuco da PUC. No 1991, retorna á súa autonomía tornándose a actual universidade. Actualmente, é membro da Asociación de Universidades Rexionais de Chile e do Consello de Reitores das Universidades Chilenas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]