Hrkovce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hrkovce (Gyerk en húngaro) é un concello de Eslovaquia da rexión de Nitra no distrito de Levice. En 2001 tiña 339 habitantes, 196 húngaros e 140 eslovacos. O alcalde é Géza Nagy. Está situada a catro quilómetros ao noroeste da cidade de Šahy.

Aínda que hai restos arqueolóxicos na zona a primeira mención á localidade data de 1156 nun diploma de Martirius, arcebispo de Esztergom no que se menciona o lugar de Gyrki. En 1245 aparece co nome de "Gerky" noutro documento. O nome probablemente proceda de görög (grego). Durante a ocupación otomá a aldea estivo sen habitar, restablecéndose no século XVIII. En 1715 tiña 34 casas e en 1720 eran 40 as familias que a habitaban. En 1828 tiña 483 residentes en 80 casasvivían na casas. En 1910 eran 567 os habitantes do lugar, predominantemente húngaros.

A igrexa católica que está dedicada a Santa Catarina data de 1770, reconstruída en 1809 en estilo neoclásico.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]