Hrafn Gunnlaugsson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hrafn Gunnlaugsson
Nacemento17 de xuño de 1948
LugarReiquiavik, Islandia
NacionalidadeIslandia
Educado enUniversidade de Estocolmo
Cónxuxe(s)Edda Kristjánsdóttir
ProfesiónDirector de cine, guionista, produtor e editor
editar datos en Wikidata ]

Hrafn Gunnlaugsson, nado en Reiquiavik o 17 de xuño de 1948, é un director de cine islandés. É irmán da actriz Tinna Gunnlaugsdóttir.

Xeralmente é coñecido polas películas e series sobre Viquingos, na súa maior parte con influencia do cine western, como no caso da triloxía, chamada Triloxía do corvo, comezada pola película Hrafninn flýgur (Cando os corvos voan) que se inspira na chamada triloxía do dólar, do director Sergio Leone, e polo tanto ten as súas raíces na película Yōjinbō, do director xaponés Akira Kurosawa. A serie complétana Í skugga hrafnsins e Hvíti víkingurinn.

Está casado con Edda Kristjánsdóttir e ten catro fillos: Kristján, quen é poeta e guionista; Tinna quen é actriz; Sol e Örk, que naceu en 1993[1].

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

  • Óðal feðranna (1981)
  • Okkar á milli: Í hita og þunga dagsins (1982)
  • Hrafninn flýgur (1984)
  • Í skugga hrafnsins (1988)[2]
  • Hvíti víkingurinn (1991)[3]
  • Hin Helgu vé (1993)
  • Myrkrahöfðinginn (2000)
  • Opinberun Hannesar (2004)

Para televisión[editar | editar a fonte]

  • Áramótaskaup (película; 1974)
  • Góða veislu gjöra skal (película; 1975)
  • Blóðrautt sólarlag (película; 1977)
  • Undir sama þaki (serie; 1977)
  • Lilja (película; 1978)
  • Bödeln och skökan (película; 1986)
  • Allt gott (curta; 1992)
  • Þegar það gerist (película; 1998)
  • Reykjavík í öðru ljósi (documental; 2000)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]