Hospital El Bierzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Hospital El Bierzo ou Hospital O Bierzo é un centro sanitario da cidade española de Ponferrada (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León). Este hospital dá servizo á bisbarras do Bierzo e Laciana. Dispón de diversos servizos para que a zona estea asistida, pois o Hospital Universitario de León se encontra a unha media de 100 quilómetros de toda a bisbarra.

Historia[editar | editar a fonte]

Na década dos 90 o crecemento da poboación do Bierzo e da cidade de Ponferrada creou un grave problema, pois o hospital de León atopábase moi afastado (100 quilómetros de media) do Bierzo, ao que lle correspondía dar asistencia a toda a provincia de León. O 12 de novembro de 1994 Narcís Serra, vicepresidente do goberno naquela época, inaugurou o Hospital del Bierzo.

Características[editar | editar a fonte]

O hospital conta con 450 camas, 1 unidade de coidados intensivos, 2 ecógrafos, 4 laboratorios, 40 locais de consulta, 3 salas de partos, 12 quirófanos, 1 sala de reanimación, 1 sala de xogos e diversos servizos.

O hospital conta cun helicóptero que se utiliza para facer servizos vitais de urxencias en accidentes de estradas, en rescates de montaña ou para trasladar enfermos que non poidan ser tratados no hospital e teñan que trasladarse ao Hospital de León.

Accesos[editar | editar a fonte]

Pódese acceder en coche dende fóra da cidade pola saída 394 da Autovía do Noroeste ou pola Avenida de Galicia, e dende a cidade de Ponferrada coas liñas do TUP (Transporte Urbano de Ponferrada) L2, L5A, L5B, L6, L7, F1, F3 e FE que unen o hospital co centro urbano, a zona antiga na zona alta ou barrios coma Flores del Sil ou La Placa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]