Horacio Valcárcel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHoracio Valcárcel
Biografía
Nacemento1932 Editar o valor em Wikidata
Rábade, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de maio de 2018 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0883553 Editar o valor em Wikidata

Horacio Valcárcel Villar, nado en Rábade en 1932, e finado en Madrid[1] o 7 de maio de 2018, foi un guionista de cinema e de televisión, e ocasionalmente director de cine galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marchou de novo de Rábade. Na década de 1950 empezou a producir como director algunhas pezas para o NO-DO, pero tamén documentais todos eles de extensión breve, xa nas décadas seguintes. Só produciu unha longametraxe, Miguelín, xa en 1965, coa que conseguiu un premio no Festival de Cannes.[1][3] en 1964 e co que foi exhibido no MoMA de Nova York na New York World’s Fair de 1964[4]. Un ano antes, en 1963, concursara en Cannes unha curtametraxe de Javier Aguirre, con guión de Valcárcel, titulada Playa insólita[5]. En 1966 tentou rodar a súa segudna longametraxe, que se quería chamar El pájaro ciego, co-escrita con Francisco González Serrano e baseada precisamente nunha obra teatral de Serrano, pero nunca se chegou a realizar[4].

Como tamén era o guionista dalgunhas destas producións, gañou unha experiencia que lle valería como guionista para outros directores, primeiro no cinema e logo na televisión. Nesta traxectoria como guionista colaborou intensamente con dous directores. En televisión, a súa relación laboral máis extensa foi con Antonio Mercero, sobre todo nos anos oitenta e nos primeiros noventa. De aí saíu a súa serie máis coñecida, Verano azul, que contaba a historia dun grupo de rapaces de vacacións na Costa do Sol.

No cinema, e aínda que tamén se estreou da man de Mercero a finais dos anos setenta, colaborou sobre todo con José Luis Garci. Guionizou para el algúns dos filmes máis destacados deste director, e con eles foi candidato a catro premios Goya ao mellor guión orixinal ou adaptado.

Foi codirector, con Garci, da revista cinematográfica Nickelodeon.

Obra[editar | editar a fonte]

Cinema, como guionista[editar | editar a fonte]

Cinema, como director[editar | editar a fonte]

Series de televisión[editar | editar a fonte]

Filmes para televisión[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Foi candidato aos Goya en cinco ocasións, sen obtelo en ningunha. En dúas veces foino na categoría de guión orixinal e en tres na categoría de guión adaptado. Na de guión orixinal por Espérame en el cielo, nomeado a canda Antonio Mercero e Romá Gubern, e You're the one (una historia de entonces), candidatado a canda Garci. Con Garci compartiu tamén os tres nomeamentos a guión adaptado por Canción de cuna (baseado na peza teatral de Gregorio Martínez Sierra), El abuelo (baseado na novela de Benito Pérez Galdós) e Ninette (a partir da obra de Miguel Mihura). Por Espérame en el cielo tamén estivo nomeado no Festival Internacional de Cine de Chicago.

Obtivo o premio Iris ao mellor guión (naquela altura aínda non se chamaban así) por El abuelo, e tamén o premio do Círculo de Escritores Cinematográficos de España, tanto por El abuelo, como por Luz de domingo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Fallece Horacio Valcárcel, el guionista de Garci y Mercero". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-05-08. Consultado o 2018-05-08. 
  2. "Fallece Horacio Valcárcel". Web da Academia del cine de España. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  3. Lugo, El Progreso de. "Adiós a Horacio Valcárcel, guionista de 'Verano azul' y de las películas de Garci". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2018-05-08. 
  4. 4,0 4,1 "El retranqueiro que no pudo filmar en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-05-08. Consultado o 2018-05-08. 
  5. "PLAYA INSOLITA - Festival de Cannes". Festival de Cannes (en inglés). Consultado o 2018-05-08. 
  6. Wright, Sarah (2013). The Child in Spanish Cinema. Manchester University Press. ISBN 9780719090523. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]