Holozoos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Holozoos
Rango fósil: Ediacárico - Recente,

Esponxa Agelas clathrodes en primeiro plano e dous corais ao fondo (Iciligorgia schrammi e Plexaurella nutans).
Clasificación científica
Dominio: Eukarya
(sen clasif.) Opisthokonta
(sen clasif.) Holozoa
Lang et al. 2002
subgroupos

Os holozoos ou Holozoa son un grupo de organismos entre os que están incluídos os animais e os organismos unicelulares máis estreitamente emparentados con eles, pero que exclúe aos fungos.[1][2][3] [4] Holozoa é tamén un antigo nome que se lle daba a un xénero de tunicados, que hoxe se chama Distaplia.[5]

Como Holozoa é un clado que inclúe todos os organismos que están máis estreitamente emparentados cos animais que cos fungos, algúns autores prefiren este grupo en vez de recoñecer grupos parafiléticos como os Choanozoa, que fundamentalmente consisten nos Holozoa menos os animais.[6]

Quizais os holozoos máis coñecidos, ademais dos animais, son os coanoflaxelados, que lembran moito ás células con flaxelo e colar das esponxas chamadas coanocitos, polo que se teorizou que poderían estar relacionados coas esponxas xa no século XIX. Proterospongia é un exemplo de coanoflaxelado colonial cuxo estudo podería esclarecer a orixe das esponxas.

As afinidades doutros holozoos unicelulares só empezaron a recoñecerse na década de 1990.[7] Un grupo de especies principalmente parasitas chamado Icthyosporea ou Mesomycetozoea agrúpase ás veces con outras especies en Mesomycetozoa (nótese a diferenza na terminación). Os xéneros ameboideos Ministeria e Capsaspora poden xuntase no grupo denominado Filasterea pola estrutura dos seus pseudópodos filamentosos. Xunto cos coanoflaxelados, os filastereos poden estar tamén moi relacionados cos animais, e unha análise agrúpaos xuntos no clado Filozoa.[3]

Rexistro fósil[editar | editar a fonte]

Os fósiles máis antigos dos holozoos son animais que datan do período Ediacárico, hai uns 600 millóns de anos (ver fauna de Ediacara).[8]

Cladograma[editar | editar a fonte]

Un cladograma que ilustra a composición e relacións dos hoozoa é o seguinte:

Opisthokonta  

Fungi

Nucleariida

Holozoa

Mesomycetozoa

Filozoa

Filasterea

Choanoflagellatea

Animalia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aleshin VV, Konstantinova AV, Mikhailov KV, Nikitin MA, Petrov NB (December 2007). "Do we need many genes for phylogenetic inference?". Biochemistry Mosc. 72 (12): 1313–23. PMID 18205615. doi:10.1134/S000629790712005X. 
  2. Lang BF, O'Kelly C, Nerad T, Gray MW, Burger G (October 2002). "The closest unicellular relatives of animals". Curr. Biol. 12 (20): 1773–8. PMID 12401173. doi:10.1016/S0960-9822(02)01187-9. 
  3. 3,0 3,1 Shalchian-Tabrizi, Kamran; Minge, Marianne A.; Espelund, Mari; Orr, Russell; Ruden, Torgeir; Jakobsen, Kjetill S.; Cavalier-Smith, Thomas; Aramayo, Rodolfo (2008). Aramayo, Rodolfo, ed. "Multigene phylogeny of choanozoa and the origin of animals". PLoS ONE 3 (5): e2098. PMC 2346548. PMID 18461162. doi:10.1371/journal.pone.0002098. 
  4. Elias M, Archibald JM (August 2009). "The RJL family of small GTPases is an ancient eukaryotic invention probably functionally associated with the flagellar apparatus". Gene 442 (1–2): 63–72. PMID 19393304. doi:10.1016/j.gene.2009.04.011. 
  5. Tatiàn, Marcos; Antacli, Julieta Maria; Sahade, Ricardo (2005). "Ascidians (Tunicata, Ascidiacea): species distribution along the Scotia Arc". Scientia Maria 69 (suppl. 2): 205–214. 
  6. Steenkamp, Emma T.; Wright, Jane; Baldauf, Sandra L. (2006). "The Protistan Origins of Animals and Fungi". Molecular Biology & Evolution 23 (1): 93–106. PMID 16151185. doi:10.1093/molbev/msj011. 
  7. Ragan, Mark A.; Goggin, C. Louise; Cawthorn, Richard J.; Cerenius, Lage; Jamieson, Angela V.C.; Plourde, Susan M.; Rand, Thomas G.; Söoderhäll, Kenneth; Gutell, Robin R. (1996). "A novel clade of protistan parasites near the animal-fungal divergence". PNAS 93 (21): 11907–11912. PMC 38157. PMID 8876236. doi:10.1073/pnas.93.21.11907. 
  8. Porter, Suzannah M. (2004). "The fossil record of early eukaryotic diversification". Paleontological Society Papers 10: 35–50.