Holósteos
Aparencia
Os holósteos (Holostei) son unha infraclase de peixes óseos da subclase dos Neopterygii. Agrupa a peixes de esqueleto case totalmente osificado (aínda que o nome do grupo, holósteos, significa, erroneamente, que o teñen completamente osificado).
Características
[editar | editar a fonte]Posúen escamas ganoides e notocorda persistente.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Representan un grupo de peixes de transición entre os condrósteos (cos que se clasificaban antigamente) e os teleósteos, e comprenden dúas ordes:
- Orde Amiiformes (con só unha especie viva)
- Orde Lepisosteiformes (peixes lagarto)
Algúns autores consideran que os Holósteos son un grupo parafilético e fan colgar estas ordes directamente dos Actinopterixios.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Holósteos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Holósteos |