Hit to Death in the Future Head

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hit to Death in the Future Head
Álbum de The Flaming Lips
Publicado11 de agosto de 1992
Duración69:04
Xénero(s)shoegazing, rock alternativo, neopsicodelia, noise pop
Selo(s)Warner Bros. Records
Producido porThe Flaming Lips, Dave Fridmann
Cronoloxía
In a Priest Driven Ambulance
(1990)
Hit to Death in the Future Head Transmissions from the Satellite Heart
(1993)

Hit to Death in the Future Head é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo The Flaming Lips, publicado o 11 de agosto de 1992 a través do selo Warner Bros. Records. "Talkin' 'Bout the Smiling Deathporn Immortality Blues (Everyone Wants to Live Forever)" lanzouse como cancións principal no EP Yeah, I Know It's a Drag... But Wastin' Pigs Is Still Radical para promocionar o álbum. O título inspirouse no nome da banda británica The Futureheads.

Gravación e lanzamento[editar | editar a fonte]

O disco gravouse en 1991 coa mesma formación que gravara anteriormente In a Priest Driven Ambulance. O seu lanzamento adiouse case un ano debido ao uso dun sample da banda sonora de Michael Kamen do filme Brazil no tema "You Have to Be Joking (Autopsy of the Devil's Brain)", which required a lengthy clearance process. Durante o período previo ao lanzamento tanto Nathan Roberts como Jonathan Donahue deixaron a banda (este último regresando a Mercury Rev). No momento da súa publicación uníronse Steven Drozd e Ronald Jones, que tocarían na xira posterior.

O álbum é coñecido por unha particulamente longa canción oculta ao final do CD que consiste nunha ráfaga continua de ruído entrecortado que pasa dunha canle a outra e dura case media hora.

Recepción[editar | editar a fonte]

No momento do seu lanzamento Andrew Perry de Select deulle a Hit to Death in the Future Head un cinco de cinco, destacando o seu "marabilloso garage pop melódico é impresionante", e comparando á banda con Mercury Rev, declarando que se "Yerself Is Steam raramente deixou o teu tocadiscos, este tampouco o fará. Magnífico".[1]

Máis recentemente, Jason Ankeny de AllMusic destacou que aínda que o álbum "non é conceptualmente tan axustado como In a Priest Driven Ambulance", non é "menos cohesionado ou imaxinativo", e finalmente concluíu que o disco "serve como ponte entre o traballo indie máis ruidoso e alucinatorio da banda e a estética acid-bubblegum perfeccionada nos seus posteriores álbums con Warner Bros.".[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Talkin' 'Bout the Smiling Deathporn Immortality Blues (Everyone Wants to Live Forever)"   3:49
2. "Hit Me Like You Did the First Time"   3:41
3. "The Sun"   3:31
4. "Felt Good to Burn"   3:21
5. "Gingerale Afternoon (The Astrology of a Saturday)"   3:45
6. "Halloween on the Barbary Coast"   5:42
7. "The Magician vs. the Headache"   3:12
8. "You Have to Be Joking (Autopsy of the Devil's Brain)"   3:55
9. "Frogs"   4:28
10. "Hold Your Head"   4:24
11. "Noise Loop"   29:16
69:04

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Perry, Andrew (June 1992). "Reviews: New Albums". Select. p. 71.
  2. "Hit to Death in the Future Head - The Flaming Lips". Allmusic (en inglés). Consultado o 2020-11-14.