Transmissions from the Satellite Heart
Transmissions from the Satellite Heart | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Flaming Lips | ||||
Publicado | 22 de xuño de 1993 | |||
Gravación | xaneiro - febreiro de 1993 | |||
Duración | 43:04 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, noise pop, neopsicodelia, noise rock | |||
Selo(s) | Warner Bros. Records | |||
Produtor | The Flaming Lips, Keith Cleversley | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Transmissions from the Satellite Heart é o sexto álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Flaming Lips, publicado o 22 de xuño de 1993 a través do selo Warner Bros. Records.[1] O seu cuarto tema, "She Don't Use Jelly", destaca por ter sido o primeiro éxito na radio do grupo, despois de que o seu vídeo aparecese no programa da MTV Beavis and Butt-Head, case un ano despois do lanzamento do disco. "Turn It On" foi un sinxelo que tamén colleitou un éxito moderado e tivo dous vídeos musicais distintos. O álbum marcou a marcha de Jonathan Donahue (a Mercury Rev) e de Nathan Roberts, e o ingreso do guitarrista Ronald Jones e do batería Steven Drozd.
O EP Due to High Expectations... The Flaming Lips Are Providing Needles for Your Balloons publicouse no ano seguinte para promocionar o álbum e contaba con versións ao vivo de "Chewin the Apple of Your Eye" e "Slow•Nerve•Action". A portada do EP é semellante á de Transmissions from the Satellite Heart.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por The Flaming Lips agás onde se indique.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Turn It On" | 4:39 |
2. | "Pilot Can at the Queer of God" | 4:16 |
3. | "Oh My Pregnant Head (Labia in the Sunlight)" | 4:06 |
4. | "She Don't Use Jelly" | 3:40 |
5. | "Chewin the Apple of Your Eye" | 3:52 |
6. | "Superhumans" | 3:13 |
7. | "Be My Head" | 3:15 |
8. | "Moth in the Incubator" | 4:12 |
9. | "Plastic Jesus" (Ed Rush, George Cromarty) (listada como "★★★★★★★") | 2:18 |
10. | "When Yer Twenty Two" | 3:34 |
11. | "Slow•Nerve•Action" | 5:55 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Discogs (ed.). "The Flaming Lips – Transmissions From The Satellite Heart". Consultado o 2 de xaneiro de 2018.