Hiroko Oyamada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHiroko Oyamada

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 小山田浩子 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Saeki-ku, Xapón (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónHiroshima University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista , escritora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFicción de horror Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: holeandweasel Editar o valor em Wikidata

Hiroko Oyamada, 小山田 浩子, Oyamada Hiroko, nada en Hiroshima o 2 de novembro de 1983, é unha escritora xaponesa. Gañou o Premio Shincho para escritores noveis, o Premio Oda Sakunosuke e o Premio Akutagawa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Hiroshima e permaneceu alí durante a súa etapa escolar, até se graduar pola Universidade de Hiroshima en Literatura Xaponesa. Tras a súa graduación, Oyamada cambiou de traballo tres veces en cinco anos, unha experiencia que lle serviu de inspiración para a súa primeira obra, "Kōjō" (Fábrica), que recibiu o Premio Shincho para escritores noveis en 2010. Despois de publicar a súa primeira obra, Oyamada pasou a traballar a tempo parcial nunha revista local, mais deixou o seu posto tras casar cun compañeiro de traballo.

En 2013, gañou o 30º Premio Oda Sakunosuke por unha colección de relatos que tiñan a "Kōjō" como historia principal. Nese mesmo ano, Oyamada publica na revista literaria Shinchō unha novela curta titulada Ana (Buraco) sobre unha muller que cae dentro dun buraco. A obra Ana foi galardoada co 150º Premio Akutagawa. Unha integrante do xurado, a autora Hiromi Kawakami, eloxiou a habilidade de Oyamada para escribir sobre "fantasía nunha contorna realista". En 2018 foi publicado o terceiro libro de Oyamada, unha colección de relatos titulada Niwa (Xardín) baixo a editorial Shinchosha.

Unha edición en inglés de Kōjō, traducida por David Boyd, publicouse baixo o título The Factory en 2019, pola editorial New Directions Publishing.

Citou a Franz Kafka e a Mario Vargas Llosa como os seus referentes literarios.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Vive en Hiroshima, co seu marido e filla.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2010: Premio Shincho para escritores noveis (42º)[2]
  • 2013: Premio Oda Sakunosuke (30º)[3]
  • 2014: Premio Akutagawa (150º, 2º semestre de 2013)[4]

Obras[editar | editar a fonte]

En xaponés
  • Kōjō (Fábrica), Shinchosha, 2013, ISBN 9784103336419 
  • Ana (Buraco), Shinchosha, 2014,   
  • Niwa (Xardín), Shinchosha, 2018,   
Traducións ao inglés
  • "Spider Lilies", trad. Juliet Winters Carpenter, Granta 127, 2014[5]
  • "The Factory", trad. David Boyd, New Directions, 2019.   

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "小山田浩子さん「頭真っ白、ふわふわしてる」電話で" (en xaponés). 16 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2019. Consultado o 13 de xullo de 2018. 
  2. "【第42回新潮新人賞 受賞者インタビュー】" (en xaponés). Shinchosha. 1 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de xullo de 2018. 
  3. "これまでの織田作之助賞受賞作一覧 1984~2013 年" (PDF) (en xaponés). Consultado o 13 de xullo de 2018. 
  4. "芥川賞受賞者一覧" (en xaponés). 日本文学振興会. 1 de xaneiro de 2018. Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  5. Oyamada, Hiroko (24 de abril de 2014). "Spider Lilies". Consultado o 13 de xullo de 2018.