Hipocrene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hippocrenesource.jpg
Joos de Momper: Helicón ou Visita de Minerva ás Musas (Bezoek van Minerva aan de Muzen, primeira metade do s. XVII). Museo Real de Belas Artes de Antuerpen.

Hipocrene («a fonte do cabalo») é unha fonte de auga que nacía na aba do monte Helicón, en Beocia (Grecia). Na mitoloxía grega este manancial estaba consagrado ás Musas. Segundo nos conta o mito grego, cando as Piérides se enfrontaron coas Musas nun concurso de canto ao pé do monte Helicón, este estaba tan compracido pola beleza das voces que empezou a crecer de maneira desmesurada ameazando con chegar ao ceo. Ao ver o perigo, Poseidón mandou ao cabalo alado Pegaso que fose e golpease á montaña cun dos seus cascos para ordenarlle que volvese ao seu tamaño normal, ao que a montaña obedeceu docilmente, pero no lugar onde Pegaso a golpeara brotou a fonte de Hipocrene.

Con todo, algúns autores non identificaban a Pegaso co cabalo que fixo brotar a fonte Hipocrene, senón que a atribúen a un cabalo que vivía no Helicón e do que non mencionan o seu nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]