Higinio Carracedo Ruzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHiginio Carracedo Ruzo
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
A Somoza, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de novembro de 1938 Editar o valor em Wikidata (30/31 anos)
A Somoza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIsaura Pazos Campos Editar o valor em Wikidata

Higinio Carracedo Ruzo, coñecido como O Sereno, nado na Somoza (A Estrada) cara a 1907 e finado na mesma parroquia o 28 de novembro de 1938, foi un policía e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Policía municipal da Estrada. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido xunto con Manuel Coto Chan, Manuel Vázquez Otero e Manuel Pereira Rial acusados de cortar os fíos telegráfico e telefónico a noite do 5 ao 6 de outubro, deixando incomunicada a vila da Estrada; xulgados en novembro polo Tribunal de Urxencia, excepto Manuel Pereira que foi absolto, foron condenados a un ano, catro meses e un día de prisión,[1] e en decembro foron trasladados á colonia penitenciaria do Dueso.[2] Logo do triunfo da Frente Popular en febreiro de 1936 foi indultado. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse, liderando a resistencia local contra o golpe franquista. Os fuxidos levaban un libro de actas no que anotaron o seu nomeamento como responsábel do comité organizador da resistencia, o Comité Popular Anti-fascista da Estrada. Para darlle caza os fascistas organizaron unha batida con 26 falanxistas e 5 gardas civís despois de descubrir que o seu pai, Antonio Carracedo, tiña agochados no cortello o concelleiro e deputado provincial Manuel Coto Chan e o tamén fuxido José Silva Rey, fillo do cego de Guimarei. Leváronos detidos, torturáronos e confesaron que Hixinio estaba oculto na súa propia casa mais non sabían onde. Foron 31 homes e tampouco o atoparon, así que, decidiron prenderlle lume á casa, obrigándoo a saír do forno que o ocultaba, cunha escopeta que lle ía recargando a súa muller, Isaura Pazos, conseguiu fuxir da casa tras ferir a dous dos falanxistas, entre eles o xefe local, Felipe Castro. Alcanzárono moi preto, xunto a un regato, e alí mesmo o mataron o 28 de novembro de 1938.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Isaura Pazos Campos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 10-11-1934, p. 13.
  2. El País, 14-12-1934, p. 2.
  3. A preguerrilla: de cando coller as armas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]