Manuel Vázquez Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Vázquez Otero
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata (123/124 anos)
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Vázquez Otero, nado na Estrada cara a 1900, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a República foi secretario da Casa del Pueblo da Estrada.[1] Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido xunto con Manuel Coto Chan e Higinio Carracedo Ruzo acusados de cortar os fíos telegráfico e telefónico a noite do 5 ao 6 de outubro, deixando incomunicada a vila da Estrada; xulgados en novembro polo Tribunal de Urxencia, foron condenados a un ano, catro meses e un día de prisión,[2] e en decembro foron trasladados á colonia penitenciaria do Dueso.[3] Logo do triunfo da Frente Popular en febreiro de 1936 foi indultado. Foi xefe da oficina de colocación obreira da Estrada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Instruído procedemento por rebelión, aparecen requisitorias na prensa a principios de setembro.[4] Estivo agochado na casa de Josefa Campos Plaza, de Guimarei.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El País, 7-8-1933, p. 3.
  2. El Pueblo Gallego, 10-11-1934, p. 13.
  3. El País, 14-12-1934, p. 2.
  4. Diario de Pontevedra, 1-9-1936, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]