High Energy Transient Explorer 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
High Energy Transient Explorer 2 / HETE 2
HETE 2
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento9 de outubro de 2000, 5:38 GMT[1][2][3]
Foguete portadorPegasus H[2][4]
Sitio de lanzamentoKwajalein[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónEstudo dos brotes de raios gamma.[2][3][4][5]
NSSDC ID2000-061A
Masa124 kg[2]
DimensiónsCubo rectangular de 1,0 x 0,5 x 0,5 m[4]
Potencia168 W[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6902 km[1]
Inclinación2,0°[1]
Apoapse542,3 km[1]
Periapse520,0 km[1]

High Energy Transient Experiment 2 ou HETE 2 foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 9 de outubro de 2000 mediante un foguete Pegasus H desde Kwajalein.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de HETE 2, liderada polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, foi estudar os gromos de raios gamma en lonxitudes de onda de raios gamma, raios X e ultravioleta, levando a cabo a misión que HETE 1 non puido ao fallar o foguete lanzador.[1][2][4][5]

O observatorio tiña tres instrumentos:[1][2][4][5]

  • FREGATE, un conxunto de espectrómetros de raios gamma de campo ancho de visión para enerxías entre 6 e 400 keV.
  • WXM, un detector de raios X de campo amplo para enerxías entre 2 e 25 keV.
  • SXZ, varias cámaras para raios X suaves, entre 0,5 e 10 keV.

O observatorio observaba o ceo enteiro en busca de gromos de raios gamma, sendo capaz de detectar a posición de gromo e transmitila a terra en menos de dez segundos, así como estudar a distribución e intensidade dos gromos en varias enerxías e outros fenómenos enerxéticos.[1][2][4][5]

HETE 2 tiña forma de cubo rectangular de aproximadamente 1,0 x 0,5 x 0,5 m e 124 kg de masa, con catro paneis solares saíndo da base. As comunicacións tiñan lugar en banda S para a comunicación co observatorio e VHF para a transmisión dos datos de localización de gromos.[1][2][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "HETE 2" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (28 de outubro de 2022). "HETE 2" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 23 January 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80608 (E)). 1 de febreiro de 2001: 4. Consultado o 7 de maio de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: HETE 2" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2023). "HETE" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]