High Energy Transient Explorer 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «HETE 1»)
High Energy Transient Explorer 1 / HETE 1
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento4 de novembro de 1996, 17:08 GMT[1][2][3]
Foguete portadorPegasus XL[2][4]
Sitio de lanzamentoWallops Flight Facility[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónEstudo dos brotes de raios gamma.[2][3][4][5]
Decaemento7 de abril de 2002[1]
NSSDC ID1996-061A

High Energy Transient Experiment 1 ou HETE 1 foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 4 de novembro de 1996 mediante un foguete Pegasus XL desde as instalacións de Wallops Island.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de HETE 1, liderada polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, foi estudar os gromos de raios gamma en lonxitudes de onda de raios gamma, raios X e ultravioleta. Tiña a característica de poder localizar con precisión os gromos.[1][2][4][5]

Debido a un fallo da terceira etapa do Pegasus XL, HETE 1 quedo unido ao foguete e sen poder desplegar os seus paneis solares, polo que acabou reentrando na atmosfera sen poder cumprir a súa misión. En 2000 voou HETE 2 coa mesma misión e usando instrumentos de reposto da misión orixinal.[1][2][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "SAC-B/HETE/PEGASUS" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "HETE 1" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 30 December 1996 from the Permanent Mission of Argentina to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-20205T). 15 de xaneiro de 1997: 2. Consultado o 7 de maio de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "HETE 1" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2023). "HETE" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]