Heterocarpus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heterocarpus é un xénero de camaróns, chamados camaróns nailon,[1] de auga profunda, principalmente das augas tropicais.

Descrición[editar | editar a fonte]

Heterocarpus caracterízase por teren os seus membros un segundo par de pereiópodos moi desiguais, dun lado é fino e longo, e do outro curto e forte, ademais de posuíren na casca unha ou máis carenas lonxitudinais.[2][3]

Especies[editar | editar a fonte]

Describíronse unhas 30 especias neste xénero, sendo Heterocarpus ensifer a especie tipo. Estas son:

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Heterocarpus ensifer tras cuspir fluído bioluminescente.

Moitos camaróns Heterocarpus son coñecidos por empregar bioluminescencia como defensa contra os seus depredadores.[4] Os estudos sobre a súa alimentación,[5] e o feito de que poden ser encontrados no estómago dalgunhas quenllas peláxicas[6] e outros peixes[7] interprétase como que teñen hábitos bentónicos, desprazándose á columna de auga pola noite. Algunhas especies deste xénero teñen alto valor comercial, como H. reedi [8] e H. laevigatus.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 30 de xuño de 2022.
  2. Fenner A. Chace, Jr. (1985). "The Caridean Shrimps (Crustacea, Decapoda) of the Albatross Philippine Expedition, 1907–1910, Part 3: Families Thalassocarididae and Pandalidae". Smithsonian Contributions to Zoology 411 (411): 1–143. doi:10.5479/si.00810282.411. 
  3. Alain Crosnier (1988). "Sur les Heterocarpus (Crustacea, Decapoda, Pandalidae) du sud-ouest de l'océan Indien. Remarques sur d'autres espèces ouest-pacifiques du genre et description de quatre taxa nouveaux". Bulletin du Muséum national d'Histoire naturelle, Paris. 4ème série 10 (A 1): 57–103. 
  4. B. K. K. Chan; I. C. Lin; T. W. Shih; T. Y. Chan (2008). "Bioluminescent emissions of the deep-water pandalid shrimp, Heterocarpus sibogae De Man, 1917 (Decapoda, Caridea, Pandalidae) under laboratory conditions". Crustaceana 81 (3): 341–350. doi:10.1163/156854008783564064. 
  5. S. F. Rainer (1992). "Diet of prawns from the continental slope of north-western Australia". Bulletin of Marine Science 50 (2): 258–274. 
  6. Teodoro Vaske Júnior; Carolus Maria Vooren; Rosangela Paula Lessa (2009). "Feeding strategy of the night shark (Carcharhinus signatus) and the scalloped hammershark (Sphyruna lewini) near seamounts off northeastern Brazil". Brazilian Journal of Oceanography 57 (2): 97–104. doi:10.1590/S1679-87592009000200002. 
  7. M. G. King (1984). "The species and depth distribution of deepwater caridean shrimps (Decapoda, Caridea) near some Southwest Pacific islands". Crustaceana 47 (2): 174–191. JSTOR 20103973. doi:10.1163/156854084X00405. 
  8. P. E. Pérez (2007). "An economic analysis of the Heterocarpus reedi and Cervimunida johni fisheries off northern-central Chile, from 1997 to 2000". Investigaciones Marinas 35 (2): 45–52. doi:10.4067/S0717-71782007000200005. 
  9. Stephen Ralston (1986). "An intensive fishing experiment for the caridean shrimp, Heterocarpus laevigatus, at Alamagan Island in the Mariana archipelago" (PDF). Fishery Bulletin 84 (4): 927–934.